miércoles, 27 de febrero de 2008

Encoro de Portomarín (Lugo)

A principios do mes de Febreiro, este mes que está a piques de abandonarnos, os meus tíos lugueses, tamén afeccionados á pesca, decidiron ir a visitar o encoro de Portomarín, a uns 26 Km da capital de provincia.

Tendo en conta que o nivel das augas en Galicia nese momento estaban mooooi baixiñas, podíase supoñer que non o ían encontrar moi cheo que digamos. E isto foi o que encontraron: fermosos restos do pobo que o encoro engullíu cando este se encheu, e que saíron a flote cas baixas precipitacións neste ano de cambios climáticos.

Nesta primeira foto, pódese ver unha construcción que me recorda ó Stonehenge británico.


Nesta outra foto, vemos restos de vivendas que normalmente non se ven cando o encoro ten auga... imaxinade qué baixo están as augas nestes momentos en Galiza!

Mais restos do pobo... parece un pobo maldito, coma nas películas...

¿Seguirá baixando máis? Esperemos que non....

Vista da ponte que cruza o regato preto da casa... unha construcción fermosa...

Comparación das pontes vella e nova... incrible!


Agradecer ós meus tíos Miguel e Puri, autores das fotografías aquí mostradas, por mandarmas e deixarme colgalas no meu blog. Unhas apertas para vos!!!

miércoles, 20 de febrero de 2008

La Nivelle francesa

Como xa vos contei noutra entrada do blog, a pesca en Navarra védase en toda a vertente norte. Como ó meu colega ten cara de susto ó non poder pescar por alí, e a Francia de Sarkozy quédalle moi pretiño, pois este ano será internacional e sacará a licencia de Francia.

Este é un fervello e ten que investigar or ríos antes de nada, así que aquí vos mostro unhas fotos do río La Nivelle, na fronteira con España.

Esta mostra un cartel de instruccións a seguir. Indica que é zona de "pesca con mosca sen morte".



Estoutra mostra o tamaño das capturas mínimos e recomendadas da Nivelle.



Por suposto, temos que mostrar o río. Toma dun tramo, moi bonito e boas táboas....



Presa da Nivelle, toma doutro tramo do río.



Como penso que se poden quitar permisos por quince días, igual me fago internacional, coma na Champions League.

jueves, 14 de febrero de 2008

"A pesca do salmón en Yemen"

Como este ano pasado porteime ben cas troitas, o rei Troita (o que ten pintas negras) deixoume un regaliño moi interesante. Este regaliño foi un libro titulado "A pesca do salmón en Yemen", escrito polo autor Paul Torday.


O libro conta a historia do doutor Alfred Jones, científico piscícola e gran pescador de salmóns, e do xeque yemení Mohamed ben Zaidi bani Tihama, historia que se basa nos desexos do xeque en introducir dita especie no seu desértico país.

Intriga, dramas conyugáis e un final inesperado, fan que un disfrute ca lectura deste libro. Recoméndovolo se queredes pasar unhas horas moi entretidas, e sobre todo, se vos gusta a pesca e algún día vades a algún wadi yemení.

domingo, 10 de febrero de 2008

Actividades Hipercor 2008

Dende a web Miguel pesca, chegoume o anuncio das actividades que o Centro Comercial Compostela Hipercor fará durante o ano 2008, en concreto, no mes de Febreiro.

O conxunto de actividades ven a ser a seguinte:

Primeiro Certame de relatos cortos: “Galicia, país do millar de ríos”. Tema: "A pesca en augas continentais de Galiza: pasado, presente e futuro."

Exposición do último en aparellos para pesca en augas continentais: do 18 ó 23 de Febreiro, no Departamento de Deportes de El Corte Inglés-Santiago.

Concurso de Montaxe de Moscas para Troita: o 22 e 23 de Febreiro, xunto cunha mesa redonda sobre: “A pesca en augas continentais de Galiza: pasado, presente e futuro” e unha exhibición de montaxe de moscas de “Fantasía”, coa participación de coñecidos montadores.

Anímovos a todos a participar neste evento. Para ver as bases dos concursos, revisar a seguinte ligazón.

sábado, 9 de febrero de 2008

Noticia: Veda da pesca en Navarra

Onte avisoume o meu colega desplazado no valle do Baztán que no Diario de Navarra publicaron a noticia da veda total na zona norte e parte da central durante esta tempada 2008.

Non encontrei a noticia exacta, pero vos deixo a ligazón na que se comenta a aprobación por parte de moitas das sociedades de pesca navarras desta veda.

Lingazón á noticia

Penso que moito temos que aprender aquí en Galiza. Non me imaxino a hecatombe que se formaría se se produce a veda total nesta comunidade durante un ano para recuperar os ríos galegos.

miércoles, 6 de febrero de 2008

Partidos da tempada 2008

Xa temos os principáis partidos e sedes da tempada de pesca de troitas en coutos 2008. Aquí están os partidos e as sedes:

- 18 Marzo: río Lor, couto de A Labrada
- 20 Marzo: río Vea, couto de Souto de Vea
- 22 Marzo: río Barcala, couto de Negreira
- 29 Marzo: río Arenteiro, couto de Carballiño sen morte
- 5 Abril: río Deza, couto de Taboada
- 12 Abril: río Anllóns, couto de Verdes
- 19 Abril: río Viñao, couto de Boborás
- 31 Maio: río Masma, couto de Mondoñedo (reo)
- 7 Xuño: río Miño, couto de Ombreiro
- 20 Setembro: río Eume, couto de Ombre (reo)

Aínda estou pendente da segunda volta dos coutos, así que é posible que teña máis partidos de coutos.

Como podedes ver, temos un inicio da tempada duro, con 4 partidos no mes de Marzo que poden facer que a tempada se incline para un ou outro lado da balanza.

Como dicía Xulio Cesar, "Alea jacta est".