Boas de novo!!
Ante todo, perdoade tanto tempo se actualiza-lo blogue. Entre visitas varias, festas, vacacións e traballo (esto é o que menos tempo me quita), non daba feito máis... Pero como se soe dicir, máis vale tarde ca nunca.
Se algún non o sabía, recibín alá polo 28 de Maio 2009 a visita dos meus amigos. Como xa discutín con eles sobre a veracidade dos seus nomes (e que este post ten delito) e acadando ó final a solución "anónima", e como a mín gústame poñerlle nomes ás cousas, digamos que meus amigos Rummenigio e Serrichenko (dúas imitacións "baratas" de futbolistas) viñeron por aquí de visita. En canto ás fotos, tirei do logo do
Tomate para poñerllo nas caras. Eu, aparezo ca cara descuberta... eso significa que non teño a máis mínima vergoña... nen a teño nen a terei.... Comezan aquí as aventuras peixeiras dos tres pimpíns....
Xoves 28 Maio 2009 - Día D menos 1
O de levantarse temprano non é o méu. Máis aínda se teño que levar á xente o río para que estén alí ás 8 da mañán. E máis aínda se temos uns 45 minutos de ida... o de chegar tarde a traballar non pasa nada....
O río escollido (por mín) para que estes dous elementos disfrutaran foi o River Bride, unha auténtica mina, por non decir case "piscifactoría natural". Pero pouco a pouco... Aquí unha toma dos dous homiños preparándose para unha auténtica "masacre"....
O River Bride a verdade é que ten moitísima troita, tanto pequena coma grande. Estes homes disfrutaron coma ananos. Acaso vos non desfrutaríades con estas táboas?
Se ata se daban o gusto de facerse fotos con picadas!
Estas tomas mostran as troitas do río, algunhas un pelín diferentes das outras...
Esta outra é máis clariña (aínda que estea boca abaixo... non sei como se fai para xiralas aquí no blogue)
Esta máis oscuriña...
Esta é ben bonita. Negriña e cunhas pintas fermosas...
Mirade que postura, que técnica, que poderío, que picada!
O final do día, o saír de traballar, fun a buscalos. Un total de 207 troitas (máis ou menos) entre os dous. "Masacre" entre comillas, xa que todas foron devoltas ó río... Para despedirse deste día, unha toma á beira da ponte do río..
Venres 29 Maio 2009 - Día D
Chegou o día. O día D. Por qué? Xa o veredes....
Alá fumonos outra vez tempraniño (xa un pouco canso de tanto levantarse temprano...) para ir desta vez ó River Blackwater, famoso polos seus coutos salmoneiros. Como a xestión das augas de Irlanda é un auténtico misterio, non me queda outra maneira de pescar que pasar de todo e esperar que non me vexan. Rumbo pois ó río.
Chegamos a unha zona despexada (con muxidos de vacas ó fondo, galego total) na que podía caer algunha grandocha... Esta era, co menda mallando a culleriña
Un pouco máis abaixo, o Serrichenko dándolle duro....
Despoís dun par de horiñas, decidimos cambiar de zona, xa que non entraban moito, alo menos amín. No camiño ó coche había un regato. Alí Rumenigio foi tentado cunha culleriña ó caer na auga...
... culleriña á que non se puido resistir e á que lle tivo que botar a man...
Ó cambio de zona foi complicado. Implicou preguntarlle a un señoriño típico irlandes o cal estaba pescando salmon e á vez cagándose nos mortos ("motherfuckers") dos que iban nunha barquiña polo río abaixo jodéndolle o sítio... O tío díxonos que alí de pescar que nos foramos olvidando sen permiso, así que nos dixo que foramos á oficina de correos (sí, sí, ... de correos) a coller un permiso.
Alá vou eu (vadeadores incluídos) a preguntarlle á tipa, e ela dame un número de teléfono para chamar a unha sociedade. Chamo por teléfono e o tipo dime que el non vende cotos para o Blackwater, pero se quero, que ten para o River Abbey (??). Mandeino a merda e decidimos pescar igual na zona que fora... total....
Decantámonos por unha ponte preto da estrada... e foi moi boa elección, xa que comenzaron a caer co rapala pepinos coma este (e moitos)...
Aquí o menda con algo na cana e a ponte da estrada...
E a súa recompensa... mira que tragaban co rapala...
Esta pilleina ó lonxe, moi lonxe, e nun alto... tragou ata o fondo, e de tan ó fondo que estaba, e co dura que era, rompeume un gancho... nai que a pareu...
E agora ven o mellor do Día D. Decidimos volver cambiar de zona e fomos camiñando río arriba xa que parecía que había un pequeno descampado. Alá fomos de aventureiros. E sí, habíao.. pero cun par de cabalos ó lado... o final botámoslle collóns e puxémonos a pescar alí. Eu na esquerda, Serrichenko no medio e Rumenigio na dereita.
Nunha destas oimos un "chaff" e un "ostia!". Algo grande había. Chapoteos, cana dobrada ata onde podía... pero qué carallo picoulle ó Serrichenko??? Loita que loita nun rato, acercouno á orilla e alí puidemos ver que se trataba dun salmón. Sí, un salmón. Tardamos uns 20 minutos en sacalo da auga, pero valíu a pena... e con material de troita! Aquí está o trofeo co seu dono
Pero o millor estaba por chegar. Teoricamente, nin podíamos pescar nese río, e menos pescar salmón porque non tiñamos licencia. Así que decidimos botalo de novo a auga para que vivira e para non meternos en problemas. Pero o cabronazo non revivía. 10 minutos masaxeándolle ata a pirola pero nada... así que... qué facemos cun salmón morto? Eu tiñao moi claro: PARA CASA!
Correndo fomos todos, eu co salmón. Pero onde? Non había forma de agochalo (67cm non se agochan facilmente, preguntádelle a
Makelele). Onde o metín? Dentro dos vadeadores. Pois andando rápido (case que correndo) cara o coche para largarnos de alí. Pero xa no coche, nin o quitei dos vadeadores por marchar xa de alí. E alá fun conducindo 45 minutos no coche, cun salmón de 3,3 Kg metido na perna dos vadeadores... moitos nos rimos....
Aquí está o trofeo (un pouco asfixiado da viaxe) na casa...
Co "matarife de Rivela"....
O menda co sol no ollo e en pijama...
Rumenigio posando con el e os vadeadores de fondo (non os delincuentes, os outros)
E así acabou o día, mortos da risa e con moitas birras no corpo....
Sábado 30 Maio 2009 - Día D máis 1
Máis levantarse temprano... un pouco canso xa, marchamos cara o River Lee, río que cruza a cidade de Cork. Fómonos á parte oeste, na parte de arriba, onde tiñamos un parking e un pub (por se había que darlle á birra)
Como podedes ver, aquí hai de cartéis de pesca privada en tódolos lados. Rumenigio e máis eu posando con él...
Como no Lee non picaban un carallo, decidimos ir ó River Martin a probar sorte, pequeno río que está moi preto do lugar onde estivemos e tamén do Castelo de Blarney. Eu tirei cara arriba, cara o castelo, para deixarlles a outra zona toda a eles. Aquí, o menda "ajatuñando" como podía para pasar o alambrado eléctrico (aquí funcionan o 99% deles)
Neste río pódense pillar moitas troitas tamén, aínda que máis pequenas. Tamén pódense sacar fotos de picadas coma esta....
O mellor deste río non son as troitas, son os balóns de fútbol que podes pescar. Sí, incríble, pero certo. O río pasa ó lado de varios campos de fútbol, e mentras colles troitas, vas gardando balóns para logo ilos a buscar. Ese día estes dous trouxéronme uns 6 balóns (un deles quedou na miña casa firmado... Yihaaa!!!)
Luns 1 Xuño 2009 - Día D máis 3
O último día, ás 6 e media da mañá, máis temprano ca nunca neses días, despois de moitas cervexas e dunha barbacoa.. ATA O CARALLO! Así despertamos....
E alá fomos o River Glashaboy a darlle uns últimos toqueciños á culleriña. O río tamén é bonito e conta cunha boa cantidade de reos...
Logo dunhas horas, o menda xa non podía cos collóns (moita festa, cervexa, kilómetros...). Aquí no banco xusto antes de marchar para casa e finalizar así unhas aventuras troiteiras que, creo eu, nen Serrichenko nen Rumenigio van olvidar na súa puñeteira vida...
Grácias ós dous pola visita e polas fotos (que me deixades poñer)!
Saúdos corkianos!