No noso curre, decidimos arrendar un barco e ir unhas 8-9 persoas a pescar ó mar, e así aproveitar para ver algún que outro acantilado dos que tanto abundan por aquí, pero desta vez dende o lado do mar.
Alá fomos cara o porto de Kinsale, onde o patrón do barco esperaba por nós. O material proporciónalo o patrón, así que non temos que levar nada de nada. Somentes roupa para a auga e non mollarse.
Nada máis subir o barco, descubrimos unha beleza na auga. Unha preciosa foca gris estaba a mirar para nós, a ver se lle botávamos algo para comer. Aquí unha fotiño. Non me digades que non é preciosa!
Xa saíndo do porto, meu colega Marcin sacoume un par de fotos. Esta primeira fronte o forte de Summercove.
Comenzamos a xornada en Old Head. Parecía que non picaban. Un cambio de sitio e as picadas e peixes comenzaron a salir. Un tras outro, os méus compañeiros ían quitando peixes, algún de tres en tres!!! Eu, mentres, estaba a velas vir, sen pillar nada, e con principios de mareo (as ondas estabanme a matar...)
Nesto, o meu colega Marcin logrou pillar un bo abadexo, grande coma él solo. Aquí tendes a foto.
Nesta foto, o porto de Kinsale con todos os barcos de recreo amarrados. Precioso!