Alá marchamos eu e máis Rubén, infatigable amigo de aventuras e desventuras, ás 7 e cuarto da mañá cara Carballiño, onde teríamos unha loita cara a cara co Arenteiro. Coma é habitual, contovos un pouquiño do río.
Nace a 840 m. de altitude, na Pena de Francia en Serra de Martiñá. Ten un percorrido de 33 Km. ata desembocar no río Avia, atravesando os concellos de Carballiño, Boborás, San Cristovo de Cea e Piñor de Cea. Conta co río Fontes, Asneiros, Mirela, Oseira e Marañao como afluentes principáis.
O Arenteiro conta con 3 coutos:
- sen morte: onde nós fomos. Ten o límite superior na presa da piscifactoría da Xunta, e o inferior no EDAR de Carballiño. Abonda a troita común, algún "chicle", escalo e anguía. Máximo de 4 coutos diarios. Días hábiles: todos (festivos incluídos) agás Luns e Xoves. Pódense expedir no Hotel Restaurante "Baccus", Avda Pontevedra 75 (988 273 226) e no Hotel Restaurante "O Xardín", Estrada de Pontevedra Km. 29 (988 530 208). Cebos: tódolos permitidos na normativa. A culleriña, cun gancho e sen arpón. Capturas permitidas: por suposto, ningunha.
- tramo 1 (pesca tradicional): falando cun traballador de piscifactoría, descubrín que é para pesca tradicional porque ten supostamente troita autóctona e non repoblada da piscifactoría, que é troita común centro-europea, máis fácil de criar cá autóctona. O límite superior é a Ponte de Trigás, e a Ponte de Segade no río Marañao, e o inferior na presa da Xesteira. Abonda a troita, escalo e anguía. Máximo de 12 coutos diarios. Días hábiles: todos (festivos incluídos) agás Luns e Xoves. Pódense expedir no Bar Lérida (988 270 026) e no Mesón O Noso Lar (988 272 653). Cebos: tódolos permitidos na normativa. Talla mínima de 19 cm. Capturas permitidas: 10 pezas
- tramo 2 (pesca intensiva): período hábil ata o 30 de Setembro. Repoblado con troita común centro-europea. O límite superior é a Presa da Xesteira, e o inferior na presa da piscifactoría da Xunta. Abonda a troita, escalo e anguía. Máximo de 125 coutos diarios. Días hábiles: todos (festivos incluídos) agás Luns e Xoves. Pódense expedir no Bar Lérida (988 270 026) e no Mesón O Noso Lar (988 272 653). Cebos: tódolos permitidos na normativa. Talla mínima de 19 cm. Capturas permitidas: 10 pezas
Aquí tendes unhas tomas do río:
Ben, ó que iba. Chegamos sobre as 8:15h da mañá. A peste que chegaba da depuradora, digamos que non era perfume Channel nº 5. Logo duns metros de río, vimos o causante do cheiro, que últimamente é fácil de atopar polos nosos ríos. Sen comentarios:
Inda así, hai que dicir que esta parte non era couto, que éste comezaba uns 100 metros máis arriba da tubería.
Ben, ó que ibamos. Lanza que lanza, e pola que levas por diante, a mañá pasaba de forma aburrida, con moi poucas picadas, e menos aínda de capturas (sobre as 10 da mañá, só levabamos dous xurelos cada ún). A verdade é que o día, a pesar de facer calor, non era o propicio.
Despóis de atravesar o bar pegado o río (precioso, recoméndovolo), as correntes desa zona e a ponte da estrada, o menda logrou pillar a única alegría do día: 30 cm de bravura.
O día seguía sen novidades, por non dicir que estabamos ata os collóns. Ás 12 da mañá, igual era millor marchar. Pero o día aínda non dera o millor. O meu colega Rubén, logo duns cantos insultos e blasfemias, xa un pouco queimado, lanzou preto da fervenza do fin do couto e.. sorpresa! Enganchou unha boa besta. O único que podo dicir (e asegúrovos que a vin cos meus propios ollo), é que pasaba do kilo, e que tiña unha cola grande coma un día sen pan. Tras loitar con ela durante uns segundos e tela preto da orilla, tomou a equivocada decisión de intentar levantala... e rompeu o sedal...
Non vos imaxinades a cara que se nos quedou... e a mala ostia que nos entrou... Tanta, que decidimos dar media volta cara o coche e coller a cola de rata para intentar millorar a marca de troitas que levabamos (dúas Rubén e catro eu).
Penso que o millor que puidemos facer é marchar para casa.. xa que nin cola de rata nin rabo de gato. Non querían darse... e para estes casos, é millor botar unhas instantáneas e pasar o tempo entre o entorno que nos rodeaba...
Nesta primeira, está o menda facendo que pesca ca cola. Nin unha soa picada, e iso que lle cambiei a mosca unhas cuantas veces.
Nesta outra, uns zapateiros tomando o sol (imaxinade o aburrimento do día que ata lle botamos fotos ós zapateiros).
Conclusión do día: imos dicir que non foi o millor día para ir a este couto, que ven pode darnos alegrías outro día. Iba baixo para a época na que estamos, pero así están tódolos ríos. Outro día será.
No hay comentarios:
Publicar un comentario