domingo, 28 de octubre de 2007

Charlas sobre o futuro da pesca en Padrón

Chegoume a noticia de que o Sábado 17 de Novembro, ás 10:30h da mañá no Auditorio de Padrón (A Coruña), realizaráse a charla "O pescador e a pesca ante o reto do futuro", na que se tratarán temas como os verquidos nos ríos, xestión da pesca en Galicia, o futuro da pesca e unha mesa redonda sobre as diferentes técnicas de pesca.

Coma asistentes/ponentes estarán, entre outros, o noso compañeiro da rede Miguel Piñeiro, o montador de moscas Xaquín L. Muiños (O señor das moscas), e o escritor Juan José Moralejo, autor do libro "Guía para pilla-las troitas, miñas señoras" (recoméndovolo, escachades coa risa e vos sentiredes moi identificados).

Amósovos nas seguintes imaxes o cartel da charla e o progama (para aumentar as fotos, facer click nelas):



Procurarei ir, así que se queredes, podemos quedar algún de nós.

6 comentarios:

Josiño dijo...

Espero non ter moi ocupado ese día para poder asistir.
Se estou seguro quedamos.

Josiño dijo...

Vou seguro e vou ver se algén se suma.
A vindeira semana quedaremos.

Alex dijo...

perfecto, eu conto con ir. falamos...

Josiño dijo...

estarei sobre as 10:00.
O meu telf é: 662541909
saúdos

Anónimo dijo...

Que tal estuvo????

saudos

Alex dijo...

pues bastante bien, estos días pondré un post acerca de las charlas. Estad atentos...