martes, 29 de enero de 2008

Revolvendo no baúl dos recordos...

Facendo limpeza na casa, entre os papéis da facultade, os libros vellos, cousas que nin sequera sabía que existían e sobre todo, o pó, encontrei o resgardo da captura máis grande que logrei coller.

Esta foi no pantano de Vilagudín, en Ordes, e debeu ser máis o menos no 1998. Tratábase dunha troita arco iris de 1,9 Kg, cunha culleriña Evia vermella e prateada do número 2.



Custoume 1.423 das antigas pesetas (700 pesetas o kilo de troita arco iris).

Mágoa de non ter fotos dela...

2 comentarios:

Josiño dijo...

Pois como vaias agora arruínaste. Hai cada bicho, que habería que meterse a fumador para cortar o sedal co pitillo.
E con unha xa che bastou.

Alex dijo...

jajaja e tanto, teño ganas de ir un día de estos, para matar o mono...

a ver se un día de fin de semana vou e xa che conto...