Onte, venres 6 Marzo fun de troitas ó River Lee na zona campista que hai no oeste da cidade, ó lado dunha presa. O resultado final: 1 - 1, collín unha pintona de 21 cm (devolta á auga) cunha Mepps prateada con puntos azúis do número 3 (si, do 3... animal total en busca de bestas), e xusto nun lance malo, quedou enganchada nunhas raiceiras... mala sorte.
2 anécdotas:
- enganchei unha troita pero soltouse dun salto. Pero a cabrona debía estar doente porque debeu de dar uns 8 saltos máis fora da auga.... cousa máis rara...
- xa metido na orilla do río, lanzando a culleriña ó outro lado do río, saltoume diante dos fuciños un bicho duns 50cm. A só 2 metros de distancia. Estremecínme de mala maneira... e se se me bota á gorxa e me morde?
Sigue facendo moito moito frío, as troitas non se moven nadiña. Creo que vou esperar un pouco máis porque non o vexo moi moi claro...
Saúdos corkianos!
2 comentarios:
Hai que levar a cámara, que as entradas sen fotos fanse un pouco sosas.
Non teño constancia de troitas-vampiro así que podes andar tranquilo.
¿Voltarás este ano pola túa terra?
Se é así espero poder facer unha escapadiña, que ó final a túa marcha impediu tal evento.
Un saúdo e que sigan moitas troitas ás que xa capturaches.
xa o sei oh, pero fun sen ela porque olvidouseme... cousas do directo....
respecto as troutas vampiro, tiñas que velo... en serio, eu quedeime cunha cara de parvo que nin che conto....
o de volver pola terra non teño nin idea aínda, penso ir algún día pero non sei cando... de feito, non saquei a licencia este ano, así que dudo que vaia de pesca por alá... mentres, aproveitarei por aquí.
Saúdos corkianos e grazas!
Publicar un comentario