Boas outra vez!
Aquí estamos de novo para contarvos as novas pescatas nesta tempada 2009. Comezamos...
River Martin 0 - 6 Alex
Partidazo pasado por auga, os tambores de guerra oíanse no campo do Martin. Destacar somentes unha boa de 19 cm.
Por mor do meu "accidente informático" (informo deso no outro blogue que teño) non podo poñer fotos das capturas nen do río. Síntoo moito. Estas foron collidas por unha Ranger nº1 de cobre.
Alex 19 - 0 River Bride
Impresionante xornada troiteira de somentes 3 horas deste Venres 10 Abril 2009. Saín de traballar e aproveitei os poucos raios de sol que había (dos poucos durante todo o ano, que conste...).
Os tamaños das capturas, por orden descendente, foron: 27, 25, 24.5, 24(2), 22, 21(2), 20(3) e o resto pequenas. A verdade é que para tres horiñas estivo moi moi ben. Non podo queixarme...
Aquí poño o mapa da zona exacta que pesquei. Non é máis de 1km (por ahí andará). Pesqueino moi moi despacio, porque tiña moitos sitios e moi boas táboas. E sobre todo, porque non estou para trotes (metinme un par de ostias nas rodillas que quedei quente para o resto do día)
E desta vez sí que teño fotos... esta é da primeira troita que saquei...
E esta outra é a de 27 cm, a máxima captura neste día. E polo que recordo agora mesmo, o meu record en tamaño en Irlanda!
Por suposto, desta tiña que ter o vídeo do xa famoso neste blogue "catch and release"
E xa por último, quero poñer estas dúas panoramas do River Bride, a primeira delas xusto na ponte onde comecei a pescar.
E a segunda, dunhas corrientes ca ponte na que terminei de fondo.
Se queredes velas millor, pinchade nas imaxes e verédelas moitísimo millor. Espero que vos gusten tanto como eu disfrutei facéndoas...
Saúdos corkianos!
2 comentarios:
Troitas ben bonitas por esas terras.
Aquí aínda non fun en serio a elas. Coas xornadas no mar, non tiven moito tempo.
A xente porca houboa, haina e haberaa. A algún había que facerlla comer.
Pois que siga a racha por eses lares. Xa verás as evolución por esta terra túa cando abra a tempada do reo.
Un saúdo.
boas meu! ando perdido por estes mundos... a ver se me ponho as pilas e ponhome a ver os blogues, q os tenho sen ver...
saudos corkianos!
Publicar un comentario