Mostrando entradas con la etiqueta Xeografía galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xeografía galega. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de febrero de 2008

Encoro de Portomarín (Lugo)

A principios do mes de Febreiro, este mes que está a piques de abandonarnos, os meus tíos lugueses, tamén afeccionados á pesca, decidiron ir a visitar o encoro de Portomarín, a uns 26 Km da capital de provincia.

Tendo en conta que o nivel das augas en Galicia nese momento estaban mooooi baixiñas, podíase supoñer que non o ían encontrar moi cheo que digamos. E isto foi o que encontraron: fermosos restos do pobo que o encoro engullíu cando este se encheu, e que saíron a flote cas baixas precipitacións neste ano de cambios climáticos.

Nesta primeira foto, pódese ver unha construcción que me recorda ó Stonehenge británico.


Nesta outra foto, vemos restos de vivendas que normalmente non se ven cando o encoro ten auga... imaxinade qué baixo están as augas nestes momentos en Galiza!

Mais restos do pobo... parece un pobo maldito, coma nas películas...

¿Seguirá baixando máis? Esperemos que non....

Vista da ponte que cruza o regato preto da casa... unha construcción fermosa...

Comparación das pontes vella e nova... incrible!


Agradecer ós meus tíos Miguel e Puri, autores das fotografías aquí mostradas, por mandarmas e deixarme colgalas no meu blog. Unhas apertas para vos!!!

viernes, 18 de enero de 2008

De ríos e paisaxes da zona... 3º parte

O prometido é deuda. Estas fotos pertencen á presa de Herbón, no río Ulla, preto dos coutos de Sinde e Couso.

Nestas dúas primeiras, podemos ver as famosas "pesqueiras", construccións de pedra dispostas perpendicularmente á corrente para a captura da lamprea mediante os "buitróns". Nas imaxes vemos, dende diferentes ángulos, a pesqueira chamada O Canal, unha construcción moi antiga e, a diferencia das demáis, está construida en forma de vértice, permitindo o remonte da lamprea pola corrente do medio.

Vista de O Canal dende o chan.



Vista de O Canal dende a ponte da estrada.



Nestoutra imaxe, o caseto verde ó lado doutras "pesqueiras".



Nesta zona sóese pescar, ademáis da lamprea, o reo e sobre todo, a zamborca.

martes, 15 de enero de 2008

De ríos e paisaxes da zona... 2º parte

Voltamos de novo coa mini-excursión ó concello de Vedra, no que fomos visitar a ponte de Gundián que atravesa o río Ulla dende uns 60-70 metros de altitude. Esta ponte conten á vía de ferrocarril. Descoñezo se se sigue utilizando e a ruta que esta vía leva. Aquí vos deixo as fotografías:

Nesta primeira, a vía do tren entre a néboa.



Nesta foto, vista dende a ponte do río Ulla.



A ponte de Gundián dende abaixo. Impresionante construcción humana...



Vista dos pilares da autovía-autopista sobre o Ulla dende Ponte Ulla.



En breve. a visita á presa de Herbón no río Ulla.

viernes, 4 de enero de 2008

De ríos e paisaxes da zona... 1º parte

Entrado xa este ano novo, comezamos poñendo unhas fotografías dunha tarde de Decembro de 2007 por terras galegas.

A primeira foto pertence ós muíños do río Baroxa, no concello de Barro. Ten unha zona de descanso, cunhas pontes de madeira que cruzan as variantes do río.



Esta segunda foto é da fervenza de Caldas no río Umia. Espectacular, lugar de reflexión e meditación....

miércoles, 29 de agosto de 2007

Historia dunha penuria

O outro día decidín viaxar ata un lugar moi coñecido da xeografía galega e vislumbrar unha das maiores catástrofes que a raza humana provocou en Galicia, unha das historias máis tristes da natureza galega, española e europea. Fálovos da fervenza do Ézaro.

"O río Xallas discorre entre o monte Pindo ata a súa desembocadura no océano Atlántico. A través de valados de granito, o río percorre un traxecto espectacular ata o límite entre os concellos de Dumbría e Carnota, punto no que se deixa caer parabólicamente ata o océano formando unha maravillosa fervenza de máis de cen metros de altura." Este é o texto que debería poñer se a visitase con 40 anos menos dos que teño. Pero enton deberíalle anos á vida, e daquela nin sequera era proxecto.

O texto que teño que escribir é: "O río Xallas discorre entre o monte Pindo para morrer xusto antes de chegar ó océano Atlántico. A través de tuberías de ferro, o río percorre un traxecto lamentable ata o límite entre os concellos de Dumbría e Carnota, punto no que xa non cae parabólicamente ata océano. A fervenza que existeu duns cen metros de altura, desaparece da visión do pobo galego".

Iste é o precio do progreso, demasiado caro para os nosos ollos.

O Xallas é o único río de todo o continente europeo que desemboca nunha fervenza. Nin Danubio, nin Volga, nin Sena. E matámolo.

Aquí tendes un par de fotos de cómo se encontra nestes momentos. Nesta primeira, móstrase o coadoiro, o burato de máis de 15 metros de profundidade onde caía a fervenza, e que agora únicamente está para que miren para él.



Nestoutra toma, parte do monte Pindo no lado esquerdo do río, onde se pode apreciar os valados de granito polos que "teoricamente" debería discurrir o río.



Asegúrovos que é o único río que naceu dúas veces: a primeira non a coñezo, penso que fai miles de millóns de anos, e a segunda en Agosto do ano 2000, cando se presentóu un novo concepto de atracción turística: desembocadura "on the time". Nesta última, asistíu como matrona o xa ex-presidente (por sorte) da Xunta de Galicia, Manuel Fraga (non merece o de Don). Incrible.

Batindo tódolos récords de ríos do estilo "O primeiro río que...", o Xallas é o unico río que desemboca por horas. Sí, sí... o que ledes. A central de Novo Castrelo (Ferroatlántica) ábrea ós sábados de 23:00 a 23:30. E con lucerío! Se é que só falta un chiringuito, un cubata na man e música "jaus". Mirade, mirade... Nesta toma, a presa está aberta un pouquiño para os turistas (eu entre eles, dame vergoña...)



Unha pena: o río vive cando está aberta, vénse as correntes chocar contra as pedras. Ata estiven a punto de ir ó coche e botarlle a culleriña, que pensei que ata había troitas. Pero parece morto cando a fervenza non está aberta. Vede a toma seguinte, feita unha hora e media antes da apertura da presa. Fixádevos: unha paisaxe tétrica, lúgubre, un entorno morto. Aquí non vivirían nin cucarachas nin ratas.



Unha das cousas que máis tristeza da: os tubos de ferro do outro lado do río. É que nin sequera se dignaron en tapalos!!!! Está todo feito unha pena: ferros, formigón, cables,.... Ten coña o asunto...

¿Tapalos? ¿E para qué?

Como dicía Celso Emilio Ferreiro, no seu libro "Cimeterio privado", no poema adicado ó piloto do Enola Gay:

"Camiñante, cuspe eiquí"