Aqui estamos outra vez para contarvos as miñas penurias no río. Esto vai de mal en peor, non recordo tal temporada dende hai anos... igual estoy predestinado a carón do meu Celta, que así lle vai este ano...
Ben, pois onte acerqueime ata o couto de Couso no Ulla, couto salmoneiro que últimamente é ira das críticas dos pescadores xa que últimamente non se collen salmóns nel dende hai uns anos. Bótanlle a culpa á pasarela de formigón que fixeron, pero eu penso que non é problema deso, senón que a subida tena moi fácil a carón da presa, na que hai certas aberturas nas que o salmón, á minima subida do caudal, pega un chimpo e xa está camiño ás frezaderas.
Deixando este tema a carón (non é un post adicado a isto), cóntovos como foi o desastroso día no Ulla.
Cheguei ó río as 12:00 da mañá. Se ben normalmente vou temprano, decidín ir a estas horas xa que o día non estaba moi ben (vento e chuvia) e decidín aproveitar o mediodía, xa que soen mostrar máis actividade nesas horas.
Alá fun coa Ranger do nº 1 de cobre, e logo de dúas horas logrei pillar a primeira (15 cm). Algo é algo. 3 minutos despóis logrei quitar no mesmo sitio unha de 19 cm. Eran sobre as dúas da tarde e parecía que empezaba o movemento.
Seguín cara arriba pola orilliña, e alí saquei a grande do día: 25 cm de bravura. E a última do día tamén. Porque somentes tuva unha picada máis, desta vez pola tarde cando andaba a practicar ca cola de rata e lle metín unha ninfa. A miña primeira picada ca ninfa. Lástima que esta se soltase.
O día pouco máis foi. Disfrutei moito nesas 5 horas de pesca, se ben as capturas non acompañaron. Practiquei ca cola de rata diferentes artes: mosca seca e ninfa. Ademáis, puxérache o baixo de línea trenzado en lugar do antigo baixo de sedela que lle tiña, e a verdade é que se se gaña en comodidade, pérdese en lanzamento: qué condenado é de lanzar....
Fotoss non teño porque non levei a cámara, pero algunha eivos de poñer dalgunha das visitas que lle fago a miúdo para descansar.
Ó final: Couso 0 - 3 Menda lerenda.
PD: destacar que xa se esgotou o cupo de salmóns o día 12 de Xuño. Así o dicía un cartel dos gardas de Medio Ambiente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Salvo que non poida, eu tamén prefiro madrugar, xa que pola mañá cando o sol non está tan alto, non hai tanta luminosidade.
Peor sería que non colleses nada e tiveras baixas por lesión.
si, o mellor do día agás a troita de 25 cm, foi que non tiven baixas para o partido deste tarde en Balaídos... esperemos que non descendamos...
Publicar un comentario