domingo, 10 de junio de 2007

Estatísticas Maio 2007

Aquí están as estatísticas do mes de Maio, nas que se pode ver que vamos en decadencia total:

Troitas:
  • Troitas collidas: 12 (1 no Masma, 5 no Anllóns, 4 no Vea e 2 no Ulla)
  • Troitas máis grande: 23 cm no Ulla
  • Troita máis pequena: algún xurelo do Anllóns

Culleriñas

  • Culleriñas utilizadas con éxito: Ranger de cobre do nº 0 e 1, Koala cobre nº 1
  • Culleriñas perdidas: unha chea delas (8) das cales hai Mepps, Ranger, ...

Ríos:

  • Río máis rentable: o Anllóns (5 troitas)
  • Río menos rentable: o Masma (1 reo)

Esto vai de mal en peor. Vou ter que forzar un pouco....

1 comentario:

Josiño dijo...

Paréceme que temos que ir de pesca algún día. Que me leve o demo se perdo unha culleriña. Todo o contrario. O ano pasado recuperei varios rapalas, culleriñas, moscas e buldos. Téñoche que enviar o esquema dun recuperador de artificiais. O Masma é un tanto difícil pero hai que darlle co choio. En canto remate de arranxar o coche xa quedaremos.