Señores e señoras.... Segundo rosco da tempada 2007! (o primeiro non o puxen no blog que ca mala ostia que tiña, non fun capaz de articular palabra algunha)
Que vos podo comentar acerca do Lor. O río é precioso: moi clariño de auga, cunhas táboas perfectas, unhas correntes maravillosas.... pero outro ano saímos de alí cun rosco.
Ben, o couto da Labrada está na estrada N-120 dirección Ponferrada, xusto no límite co concello de Quiroga. Pasades a ponte que pasa por riba do río e uns 500 metros máis adiante hai un cruce cara a esquerda. Collédelo e o couto xa está alí (na metade, máis ou menos). Para ir dende A Estrada, tendes que coller dirección Lalín-Rodeiro e logo dirección Monforte, entrando nos corredoiros e xa comunica directamente ca N-120.
Alá chegamos sobre as 8 e media da mañá, nun día marcado pola néboa e as nubes. Vamos, que facía un día caralludo. Logo de tomar o rutinario café, e facerlle a mítica visita ó Sr. Roca antes de ir ó río, comezamos a pescar.... perdón, a mollar a culleriña.
Creo que foron un par de picadas, pero nada máis. Intentámolo con todo: culleriñas de diferentes tipos, mosca afogada, mosca seca e ata intenteino ca ninfa (non son precisamente experto nestas cousas), e nada de nada. Nin unha soa troita.
É o segundo ano no que levo un rosco neste río. Non o entendo. O río está ben, e ten zonas perfectas. Pero non houbo maneira. Non sei, quizá para o ano que ven.
Amósovos unhas fotiños do río (algunha do ano pasado):
Arriba, a presa e mais a ponte onde comezamos pescar. Abaixo, diferentes zonas do río.
Esta última toma é do ano pasado, na ponte do século XVII creo...
Conclusión (futboleira neste caso): empate a ceros no "Lor - Menda lerenda", nun partido duro, no que abundaron as ocasións de gol do equipo local (lanzamentos ás copas das árbores) que puido golear claramente.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
O dito. Temos que ir de pesca. O ano pasado tiven un só dia de bolo no Eume por pescar apurado tan só 15 minutos no que se me escaparon dúas troitas.
pufff este ano mal pero mal mal... este sabado teño couto no Ulla, en Cousa. A ver se dou enganchado algunha ca cola, que teño ganas de velas rebulir....
E pa ir de pesca, cando queiras e poidas. Eu encantado...
Publicar un comentario