domingo, 28 de octubre de 2007

Charlas sobre o futuro da pesca en Padrón

Chegoume a noticia de que o Sábado 17 de Novembro, ás 10:30h da mañá no Auditorio de Padrón (A Coruña), realizaráse a charla "O pescador e a pesca ante o reto do futuro", na que se tratarán temas como os verquidos nos ríos, xestión da pesca en Galicia, o futuro da pesca e unha mesa redonda sobre as diferentes técnicas de pesca.

Coma asistentes/ponentes estarán, entre outros, o noso compañeiro da rede Miguel Piñeiro, o montador de moscas Xaquín L. Muiños (O señor das moscas), e o escritor Juan José Moralejo, autor do libro "Guía para pilla-las troitas, miñas señoras" (recoméndovolo, escachades coa risa e vos sentiredes moi identificados).

Amósovos nas seguintes imaxes o cartel da charla e o progama (para aumentar as fotos, facer click nelas):



Procurarei ir, así que se queredes, podemos quedar algún de nós.

martes, 16 de octubre de 2007

Sorteo coutos de pesca

Dende o día de hoxe, na web da Xunta de Galicia xa se pode realizar a solicitude telemática dos coutos da tempada de pesca de 2008.

A ligazón é https://www.xunta.es:444/pescafluvial/

Que teñades sorte todolos solicitantes.

Saúdos.