sábado, 8 de mayo de 2010

A troita máis grande en máis dun século en Irlanda

Boas de novo!

Canto tempo sen actualizar este blogue! Agora mesmo éme imposible ir de pesca cas cousas que teño enriba... para o verán!

Quixen poñer esta entrada porque esto ten moita miga: un rapaz da República Checa colleu a troita máis grande collida en máis dun século na illa esmeralda... O rapaz tivo que quedarse uns días máis por culpa do volcán (que xa me está tocando as narices), xa que os aeroportos tiveron que pechar por mor da ceniza.

Este rapaz veu de vacacións á illa, e como tivo que quedarse máis, pois volveu ir de pesca uns días. E con tanta sorte, que colleu esta marabilla:

Podedes botarlle un ollo ó artigo nesta ligazón. Quén a pillara!!!

Un saúdo a todos!