miércoles, 27 de junio de 2007

Despedida....momentánea

Amigos,

Chega o mes de Xullo, un mes no que moitos curritos necesitamos un respiro, un descanso do traballo para retomar as forzas perdidas nos últimos meses.

O próximo viernes comezo as vacacións e esa misma noite comezarei unha viaxe que durará preto de dúas semanas, que espero que sean intensas e incluso con algunha que outra captura :P e non só me refiro a troitas e salmóns... espero que non piquen escalos

Estarei de volta sobre o 16 de Xullo, polo que dudo que poida actualizar o blog de forma frecuente.

Saúdos a todos e xa vos contarei as miñas aventuras...

Ata a feira!

domingo, 17 de junio de 2007

Material do troiteiro

Amósovos o material que soio usar cando vou ás troitas.

Culleriñas



Moscas secas (orixe asturiana)


Moscas secas (monstruos do menda)



Ata aquí por agora. Próximamente máis....

16-06-2007: Couto de Couso, río Ulla

Aqui estamos outra vez para contarvos as miñas penurias no río. Esto vai de mal en peor, non recordo tal temporada dende hai anos... igual estoy predestinado a carón do meu Celta, que así lle vai este ano...

Ben, pois onte acerqueime ata o couto de Couso no Ulla, couto salmoneiro que últimamente é ira das críticas dos pescadores xa que últimamente non se collen salmóns nel dende hai uns anos. Bótanlle a culpa á pasarela de formigón que fixeron, pero eu penso que non é problema deso, senón que a subida tena moi fácil a carón da presa, na que hai certas aberturas nas que o salmón, á minima subida do caudal, pega un chimpo e xa está camiño ás frezaderas.

Deixando este tema a carón (non é un post adicado a isto), cóntovos como foi o desastroso día no Ulla.

Cheguei ó río as 12:00 da mañá. Se ben normalmente vou temprano, decidín ir a estas horas xa que o día non estaba moi ben (vento e chuvia) e decidín aproveitar o mediodía, xa que soen mostrar máis actividade nesas horas.

Alá fun coa Ranger do nº 1 de cobre, e logo de dúas horas logrei pillar a primeira (15 cm). Algo é algo. 3 minutos despóis logrei quitar no mesmo sitio unha de 19 cm. Eran sobre as dúas da tarde e parecía que empezaba o movemento.

Seguín cara arriba pola orilliña, e alí saquei a grande do día: 25 cm de bravura. E a última do día tamén. Porque somentes tuva unha picada máis, desta vez pola tarde cando andaba a practicar ca cola de rata e lle metín unha ninfa. A miña primeira picada ca ninfa. Lástima que esta se soltase.

O día pouco máis foi. Disfrutei moito nesas 5 horas de pesca, se ben as capturas non acompañaron. Practiquei ca cola de rata diferentes artes: mosca seca e ninfa. Ademáis, puxérache o baixo de línea trenzado en lugar do antigo baixo de sedela que lle tiña, e a verdade é que se se gaña en comodidade, pérdese en lanzamento: qué condenado é de lanzar....

Fotoss non teño porque non levei a cámara, pero algunha eivos de poñer dalgunha das visitas que lle fago a miúdo para descansar.

Ó final: Couso 0 - 3 Menda lerenda.

PD: destacar que xa se esgotou o cupo de salmóns o día 12 de Xuño. Así o dicía un cartel dos gardas de Medio Ambiente.

domingo, 10 de junio de 2007

I KDD Pescadores Inter-Blogs

O dito, propóñovos entre todos os que nos visitamos mutuamente unha quedada pescantina para darmonos a coñecer e compartir un día de pesca entre todos (e así aprender uns dos outros).

O día do evento: calquera sábado ou domingo da fin de semana, por exemplo o 23 de Xuño.

O lugar: Ulla, Tambre,... ou incluso Vilagudín, un espazo amplo para estar todos xuntos e sacar bos exemplares.

Oblígase ó personal que visita o blog que indique as súas suxerencias de día e lugar. Logo xa nos encargaremos de tramitar a comida, hora, etc.

Ben, ¿qué vos parece?

09-06-2007: Couto de A Labrada, río Lor

Señores e señoras.... Segundo rosco da tempada 2007! (o primeiro non o puxen no blog que ca mala ostia que tiña, non fun capaz de articular palabra algunha)

Que vos podo comentar acerca do Lor. O río é precioso: moi clariño de auga, cunhas táboas perfectas, unhas correntes maravillosas.... pero outro ano saímos de alí cun rosco.

Ben, o couto da Labrada está na estrada N-120 dirección Ponferrada, xusto no límite co concello de Quiroga. Pasades a ponte que pasa por riba do río e uns 500 metros máis adiante hai un cruce cara a esquerda. Collédelo e o couto xa está alí (na metade, máis ou menos). Para ir dende A Estrada, tendes que coller dirección Lalín-Rodeiro e logo dirección Monforte, entrando nos corredoiros e xa comunica directamente ca N-120.

Alá chegamos sobre as 8 e media da mañá, nun día marcado pola néboa e as nubes. Vamos, que facía un día caralludo. Logo de tomar o rutinario café, e facerlle a mítica visita ó Sr. Roca antes de ir ó río, comezamos a pescar.... perdón, a mollar a culleriña.

Creo que foron un par de picadas, pero nada máis. Intentámolo con todo: culleriñas de diferentes tipos, mosca afogada, mosca seca e ata intenteino ca ninfa (non son precisamente experto nestas cousas), e nada de nada. Nin unha soa troita.

É o segundo ano no que levo un rosco neste río. Non o entendo. O río está ben, e ten zonas perfectas. Pero non houbo maneira. Non sei, quizá para o ano que ven.

Amósovos unhas fotiños do río (algunha do ano pasado):



Arriba, a presa e mais a ponte onde comezamos pescar. Abaixo, diferentes zonas do río.



Esta última toma é do ano pasado, na ponte do século XVII creo...



Conclusión (futboleira neste caso): empate a ceros no "Lor - Menda lerenda", nun partido duro, no que abundaron as ocasións de gol do equipo local (lanzamentos ás copas das árbores) que puido golear claramente.

Estatísticas Maio 2007

Aquí están as estatísticas do mes de Maio, nas que se pode ver que vamos en decadencia total:

Troitas:
  • Troitas collidas: 12 (1 no Masma, 5 no Anllóns, 4 no Vea e 2 no Ulla)
  • Troitas máis grande: 23 cm no Ulla
  • Troita máis pequena: algún xurelo do Anllóns

Culleriñas

  • Culleriñas utilizadas con éxito: Ranger de cobre do nº 0 e 1, Koala cobre nº 1
  • Culleriñas perdidas: unha chea delas (8) das cales hai Mepps, Ranger, ...

Ríos:

  • Río máis rentable: o Anllóns (5 troitas)
  • Río menos rentable: o Masma (1 reo)

Esto vai de mal en peor. Vou ter que forzar un pouco....

viernes, 8 de junio de 2007

Adiviña adiviñanza...

.... por onde lanzo a culleriñaaaaa????


(Foto tomada no couto do río Vea a mediados de Maio)

PD: prométovos actualizar máis a miudo o blog (toca poñer as pésimas estatísticas do mes de Maio)