sábado, 5 de diciembre de 2009

Salmóns en Estocolmo (Suecia)

Boas!

Mira que xa fai tempo que non poño unha entrada eiquí, pero entre o traballo novo (e os cambios que supuxo), os estudos, a moza e o descoñecemento do entorno de Dublín (teño que ir investigar un pouco por aquí), non puiden ir nadiña de pesca. Eso sí, desconectado non estou polo que imos ver por aquí.

Estaba eu de vacacións por Estocolmo (Suecia). Cheguei un sábado xa de noite dende Polonia e decidín dar un paseo e sacar fotos nocturnas, xa que é unha das cousas que máis me gustan da fotografía. Se non o sabedes, Estocolmo está formada por moitísimas illas con pontes dunhas a outras cruzando o mar.

Paseando pola cidade, decateime de que nunha das pontes había uns pescadores. Rápidamente acerqueime ate alí, e isto foi o que me encontrei.

¿Qué carallo estarían pescando de noite e no mar? Pensei todo tipo de peixes marinos, pero a verdade é que non acertei. Ísto era o que estaban pescando: SALMÓNS! E se non o credes, mirade os salmóns de aproximadamente 6 kilos cada un que colgaban na ponte...


Quedeime un bo rato alí esperando a ver se pillaban máis. Estaba seguro de que sí. Mentras, tentei falar cun lugareño (él en sueco, eu en inglés... conversación de besugos). Pescaban os salmóns cunhas moscas que deixaban varar na corriente e recollían de vez en cando. Máis ou menos coma a ninfa pero sen cola.

Finalmente, e para a miña alegría, un deles enganchou un salmón! Esperei un ratiño mentres o paisano iba dun lado a outro da ponte tentando de acercalo a un dos lados. E dicía eu: ¿como carallo vano sacar de ahí? Fácil: un deles baixaba pola escada da ponte ca rede e dende alí collíao coma se nada... mirade as fotos:


Afortunadamente non se lle escapou e lográrono coller. Éste é o resultado: un pedazo de salmón macho (creo que macho polo líquido que botaba preto da aleta anal) duns 6 kilos (outro máis!).

Pareceume moi curioso o seguinte: xa en terra, e para que non agonizara, colleron un coitelo (ou ferramenta X) para clavarlla na cabeza e así matalo definitivamente. Como vedes, a xente non vai "hiper-preparada" para ir a pescar aquí. Véase o rapaz que o colleu con gabardina e tenis (e bufanda que facía un frío da ostia)

O día seguinte pola mañán, acerqueime de novo pola ponte e alí estaban outros pescadores tentando de coller outro salmón. Terían sorte estes?


Pois sei que si, porque alí había outro salmón mais (o da foto) e outros máis que non lles quitei foto (pequenos). Vamos, que en menos dun día, xa ira a lo menos 6-7 salmóns... así da gusto!


Vamos ter que ir a Suecia a pescar salmóns (e salmonas, menudas rubias!)

Saúdos!