lunes, 30 de abril de 2007

Estatísticas Abril 2007

Preséntovos as miñas penosas estatísticas troiteiras do mes de Abril de 2007:

Troitas:
  • Troitas collidas: 13 (6 no Umia, 4 en Carballiño e 3 no Tabeirós)
  • Troita máis grande: 30 cm, no Arenteiro de Carballiño
  • Troita máis pequena: no Tabeirós, 9 cm

Culleriñas:

  • Culleriñas utilizadas con éxito: Ranger cobre do nº 0, Mepps plateada e alongada con puntos azúis do nº 1, Celta dourada co corpo negro e vermello do nº 1
  • Culleriñas perdidas: 1 Ranger de cobre do nº0

Ríos:

  • Río máis rentable: o Umia, con 6 troitas
  • Río menos rentable: o Tabeirós, con 3 troitas

Está claro que se non vou ó río, pouco vou pillar... tentarémos millorar no mes de Maio, ca apertura do Ulla...

martes, 24 de abril de 2007

21-04-2007: pesca no Tabeirós

Que vos podo dicir deste día... a verdade... pouca cousa..

Logo de facer o exame en Silleda da oposición ó Sergas... máis ben... logo de ir facer o parvo alí, porque o que se dí estudiar, non toquei un libro, decidín ir botarlle uns lances ó río, para desestresarse, vamos.... e alá fun ó Tabeirós.

Facía unha calor que nin o demo. Ós cinco minutos de poñer o vadeador, ya estaba sudando coma un porco. A verdade é que non sei se as troitas sudan, pero as pobres debérono pasar mal. Bueno, comigo pasárono que nin Dios, porque mira que se riron de mín... porque a ver... a min gústame pescar, pero pillar 3 xurelos, un dos cales medía 9 cm (medidos empíricamente), ... pois igual jode un pouco.

Pouco máis teño que contar... quedei fodido para o resto da semana.... igual millor fora salir de borracheira...

sábado, 14 de abril de 2007

14-04-2007: Couto Carballiño sen morte, río Arenteiro

E repetimos no sen morte, igual co ano pasado, coa mesma ilusión igual co ano pasado, .... e con decepción igual co... igual co... co ano pasado non, dende logo!

Alá marchamos eu e máis Rubén, infatigable amigo de aventuras e desventuras, ás 7 e cuarto da mañá cara Carballiño, onde teríamos unha loita cara a cara co Arenteiro. Coma é habitual, contovos un pouquiño do río.

Nace a 840 m. de altitude, na Pena de Francia en Serra de Martiñá. Ten un percorrido de 33 Km. ata desembocar no río Avia, atravesando os concellos de Carballiño, Boborás, San Cristovo de Cea e Piñor de Cea. Conta co río Fontes, Asneiros, Mirela, Oseira e Marañao como afluentes principáis.

O Arenteiro conta con 3 coutos:
  • sen morte: onde nós fomos. Ten o límite superior na presa da piscifactoría da Xunta, e o inferior no EDAR de Carballiño. Abonda a troita común, algún "chicle", escalo e anguía. Máximo de 4 coutos diarios. Días hábiles: todos (festivos incluídos) agás Luns e Xoves. Pódense expedir no Hotel Restaurante "Baccus", Avda Pontevedra 75 (988 273 226) e no Hotel Restaurante "O Xardín", Estrada de Pontevedra Km. 29 (988 530 208). Cebos: tódolos permitidos na normativa. A culleriña, cun gancho e sen arpón. Capturas permitidas: por suposto, ningunha.
  • tramo 1 (pesca tradicional): falando cun traballador de piscifactoría, descubrín que é para pesca tradicional porque ten supostamente troita autóctona e non repoblada da piscifactoría, que é troita común centro-europea, máis fácil de criar cá autóctona. O límite superior é a Ponte de Trigás, e a Ponte de Segade no río Marañao, e o inferior na presa da Xesteira. Abonda a troita, escalo e anguía. Máximo de 12 coutos diarios. Días hábiles: todos (festivos incluídos) agás Luns e Xoves. Pódense expedir no Bar Lérida (988 270 026) e no Mesón O Noso Lar (988 272 653). Cebos: tódolos permitidos na normativa. Talla mínima de 19 cm. Capturas permitidas: 10 pezas
  • tramo 2 (pesca intensiva): período hábil ata o 30 de Setembro. Repoblado con troita común centro-europea. O límite superior é a Presa da Xesteira, e o inferior na presa da piscifactoría da Xunta. Abonda a troita, escalo e anguía. Máximo de 125 coutos diarios. Días hábiles: todos (festivos incluídos) agás Luns e Xoves. Pódense expedir no Bar Lérida (988 270 026) e no Mesón O Noso Lar (988 272 653). Cebos: tódolos permitidos na normativa. Talla mínima de 19 cm. Capturas permitidas: 10 pezas
Se queredes ver as diferencias entre troita autóctona e troita centro-europea, podedes velas na páxina http://www.miguelpesca.com/, xusto nesta ligazón.

Aquí tendes unhas tomas do río:



Ben, ó que iba. Chegamos sobre as 8:15h da mañá. A peste que chegaba da depuradora, digamos que non era perfume Channel nº 5. Logo duns metros de río, vimos o causante do cheiro, que últimamente é fácil de atopar polos nosos ríos. Sen comentarios:



Inda así, hai que dicir que esta parte non era couto, que éste comezaba uns 100 metros máis arriba da tubería.

Ben, ó que ibamos. Lanza que lanza, e pola que levas por diante, a mañá pasaba de forma aburrida, con moi poucas picadas, e menos aínda de capturas (sobre as 10 da mañá, só levabamos dous xurelos cada ún). A verdade é que o día, a pesar de facer calor, non era o propicio.

Despóis de atravesar o bar pegado o río (precioso, recoméndovolo), as correntes desa zona e a ponte da estrada, o menda logrou pillar a única alegría do día: 30 cm de bravura.



O día seguía sen novidades, por non dicir que estabamos ata os collóns. Ás 12 da mañá, igual era millor marchar. Pero o día aínda non dera o millor. O meu colega Rubén, logo duns cantos insultos e blasfemias, xa un pouco queimado, lanzou preto da fervenza do fin do couto e.. sorpresa! Enganchou unha boa besta. O único que podo dicir (e asegúrovos que a vin cos meus propios ollo), é que pasaba do kilo, e que tiña unha cola grande coma un día sen pan. Tras loitar con ela durante uns segundos e tela preto da orilla, tomou a equivocada decisión de intentar levantala... e rompeu o sedal...

Non vos imaxinades a cara que se nos quedou... e a mala ostia que nos entrou... Tanta, que decidimos dar media volta cara o coche e coller a cola de rata para intentar millorar a marca de troitas que levabamos (dúas Rubén e catro eu).

Penso que o millor que puidemos facer é marchar para casa.. xa que nin cola de rata nin rabo de gato. Non querían darse... e para estes casos, é millor botar unhas instantáneas e pasar o tempo entre o entorno que nos rodeaba...

Nesta primeira, está o menda facendo que pesca ca cola. Nin unha soa picada, e iso que lle cambiei a mosca unhas cuantas veces.



Nesta outra, uns zapateiros tomando o sol (imaxinade o aburrimento do día que ata lle botamos fotos ós zapateiros).



Conclusión do día: imos dicir que non foi o millor día para ir a este couto, que ven pode darnos alegrías outro día. Iba baixo para a época na que estamos, pero así están tódolos ríos. Outro día será.

Noticia: vertidos no Sar e Sarela (Santiago)

Leo no Correo Gallego de hoxe a seguinte noticia:

"Sar y Sarela degeneran en cloacas por vertidos reiterados"

"Los ríos que cruzan Compostela, el Sar y el Sarela, están contaminados y continuamente reciben vertidos. [...] Ayer, la situación estaba más tranquila, pero había papeles, compresas y basuras de todo tipo a la ribera del río y esparcidas por la zona, cercana a algunas casas, como rastro inconfundible de lo que 'ocurre siempre que llueve', a decir de los vecinos."

Non fago mais que poñer malas noticias.... estame entrando unha mala ostia...

jueves, 12 de abril de 2007

Noticia: vertidos a 2 ríos na Estrada

Leo na Voz, edición Deza-Tabeirós, a seguinte noticia:

"Medio Ambiente tramita una denuncia contra A Estrada por vertidos a dos ríos"

"El Concello y la firma responsable del saneamiento explican a la consellería la incidencia"
"Las estaciones de bombeo de Liñares y Guimarei rebosaron aguas residuales por los temporales"

Non sei como fan, pero sempre lle botan a culpa ó temporal. O río de Guimarei, A Pinguela, leva cheo de merda uns cantos aniños. Cando eu comencei no mundo das troitas, alá cando tiña uns 14 anos, aquilo xa estaba un pouco cheo de merda... e non creo que houbera temporais durante tódolos días dende aquela ata hoxe. O que choveu, foi o tempo. Eso sí, ten troitas coma tiburóns... a ver quen é o machote que lle inca o dente a eses mutantes.

Se é que... coma soio dicir... "Así... non se pode"

viernes, 6 de abril de 2007

05-04-2007: río Umia (Rivela, A Estrada)

Xa estamos de volta cunha nova xornada troiteira... bueno, desta vez, menos troiteira ca outras...

Tendo en conta a longa fin de semana que viña por diante, decidimos ir ó Umia, no seu paso pola parroquia de Rivela, A Estrada. Umia, río que xunto co Ulla forma a tan fermosa ría de Arousa. Nace en Aciveiro (Forcarei), e atravesa os concellos de A Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Vilagarcía, Ribadumia e Cambados. Conta cun coñecido afluente no seu paso por Cuntis-Moraña, o río Galo, no que recentemente comentabamos neste blog os problemas de vertidos que existían.

Aquí tendes unhas fotos de varios tramos percorridos neste día troiteiro:





Ben, alá fomos Rubén, seu irmán Alberto e máis eu de aventuras polo Umia. Chegamos ó río ás 8 da mañá, logo de deixar un dos coches nunha ponte uns 3-4 kilómetros máis arriba para face-lo percorrido completo e non baixar polo río, xa que trátase dun tramo moi escondido e pechado, difícil de andar, e por suposto, con moito monte. De vez en cando atópanse restos de cránios animáis, que ben puideron ser comidos por raposos, ou incluso lobos. Sí, lobos. Xa vos dixen que aquelo é moito monte de Dios.

Ó pouco de chegar, ¡Zás! a primeira do día, 20 cm. "Non está mal", pensaba eu. Pero pouco tempo durou a ledicia. O tempo non acompañaba. Facía moito frío e vento, e a auga estaba case que conxelada. Alberto pillou 3 bonitas, pero costaba traballo alcanza-la picada. Nun ratiño de descanso para o bocata, saquei unha bonita instantánea dos dous irmáns troiteiros:



Sobre as 11 da mañá, ó chegar á zona difícil de andar, Alberto dedidiu dar media volta, e botar cara abaixo, e incluso probar ca mosca seca. Nese instante, levabamos Alberto 3-4 (non me lembro), Rubén unha e eu outra. As cousas non pintaban ben.

Logo de pasar as zonas difíciles, e sacar algunha que outra foto destas fermosas correntes (a terceira foto de arriba), ocurriu o que penso foi o millor do día. Enganchei a culleriña nunha pola, máis ben nun "polón" dun bidueiro. Decidín ir no seu rescate, e cando estaba a punto de solta-la cana, chegou Rubén para botarme unha mán.

Rubén: "Deixa, que xa a collo eu!"
Eu: "Non, deixa, colloa eu.."
Rubén: "Non, non, colleme ti a cana e xa a collo eu..."


Dito e feito. Collinlle a cana e colleu dun salto a pola pola base (valga a redundancia). Ó ver que non estaba "aparentemente" podre e que aguantaba ben o seu peso, colleuna máis cara fora. Tan pronto a pola sentiu o seu peso... !Pum¡ A pola e máis Rubén o río.

Non vos podedes imaxinar o que tiven que aguantar para non esmendrellarme da risa. Penso que unha imaxe vale máis ca mil palabras. Nas dúas fotos seguintes, podedes ver o resultado da caída, e o tamaño da pola, xa no río. Non teñen desperdicio ningún.



Logo de darse un baño os dous (eu tamén acabei na auga por cortesía co meu compañeiro), decidimos cambiar a culleriña, un por cansancio, e outro por perde-la nunha raiceira. E todo mellorou... un pouquiño. Comezaron a picar algo millor, e saquei algunha máis, unha delas cunha moi bonita librea. Ó meu querido Rubén tamén lle foi millor a cousa.

Ó final do día (ás 15:00), logo de percorrer varios kilómetros e acabar o que se dí "verdaderamente escarallados", acadamos él 7 e eu 6 troitas, traendo 4 para casa, 3 de 21 cm e 1 de 20 cm. A quen lle saíu caro foi a Rubén, que logo de pillar pouca cousa e mollarse, perdeu 3 culleriñas. Sí que lle saíron caras as troitas. Vede o resultado no prato:



Conclusión do día: o río estaba moi pero que moi ben, pero non era o día axeitado. Contra vento e frío, non se pode loitar. Ademáis, algún deixou latas na beira do río, que foron recollidas e botadas nun contenedor. Porcos hainos en tódolos lados. Un dato curioso: as troitas estaban moi pero que moi frías cando as colliamos para devolvelas ó río.

Como final deste post, póñovos unha toma do que pode facer a natureza. Unha árbore no medio de río, arrincada do seu sitio, o máis probable polo temporal do inverno.



Vémonos de novo no próximo día troiteiro, e esperemos que vaian millor as cousas.

Nota: a información sobre o río Umia foi sacada da Wikipedia, na súa versión galega (Galipedia)

martes, 3 de abril de 2007

Noticia: relacionan os vertidos do Galo cunha limpeza particular

Seguimos ca noticia do río Galo.

Hoxe, leo na "Voz, edición Pontevedra", que o vertido ten que ser dun particular, xa que ó redor non hai empresas. Logo das mostras tomadas, detéctase hipoclorito, unha sustancia empregada en produtos de limpeza de piscinas ou fachadas.

Se pillo ó que o fixo, íbase acordar de mín e da tortura que lle iba facer...

Proxecto Ríos

Na web dun compañeiro troiteiro, encontro o "Proxecto ríos".

Trátase dunha iniciativa para a inspección dos ríos por parte de asociacións ou grupos de voluntari@s locales, con fin de facerse responsábeis da súa vixianza, o que eles chaman "adopción dun río".

Estas inspeccións realízanse a lo menos dúas veces ó ano, obrigatoriamente en primaveira e outono, pero poden facerse ó longo de todo o ano. Os treitos inspeccionados abarcan uns 500 metros de río, e a cada ún asignaráselle un grupo ou voluntario.

O proxecto proporciona material e procedimentos para a toma de notas para que estas sean enviadas unha vez estea feita a inspección. Con estes datos, faranse informes anuais do estado dos treitos de río analizados.

Pódese ademáis consultar documentación acerca dos encoros e da auga, e incluso subir as nosas fotos.

Máis información na súa web.

lunes, 2 de abril de 2007

Noticia: normalidade no río Galo

Leo na Voz de Galicia o seguinte artículo, referido á aparición de peixes (troita e escalo) mortos no río Galo, preto do balneario.

Curioso comentario do presidente do grupo ecoloxista O Fervedoiro, Héctor Picallo, referido ó escalo, xa que ségún él, "«son dos peixes máis resistentes. Si morreron escalos, é sinal de que o vertido era moi contaminante»"

Sonche duros, duros os escalos.... coma penedos!

domingo, 1 de abril de 2007

Noticia: peces mortos no Galo

Leo no Faro de Vigo impreso (edición Deza-Tabeirós) o seguinte:

"Aparecen cientos de peces muertos en el río Gallo en el centro de Cuntis"

"Cientos de peces muertos invadían ayer el cauce del río Gallo a su paso por el caso urbano de Cuntis, entre la zona del centro de salud y las piscinas municipales.
[..]
La Guarda Civil y técnicos de Medio ambiente [...] vaticinan que podría tratarse de un vertido iniciado en un riachuelo que desemboca en el río metros más arriba del balneario. Se descarta cualquier vinculación con las obras de alcantarillado que se están acometiendo en varias calles."

Ademáis, "vecinos y pescadores señalaron que los peces empezaron a salir a la superficie y acumularse en los márgenes del cauce fluvial a media mañana a la altura de la Rúa da Presiña y desde allí circularon río abajo."

"Una patrulla de la Guardia Civil de Valga señaló que la mortandad de los animales podría estar relacionada con una tapa de alcantarilla abierta al lado del riachuelo [...], de la que podrían brotar aguas residuales."

Un episodio máis de contaminación de ríos. Unha mágoa.

Estatísticas Marzo 2007

Preséntovos as miñas estatísticas troiteiras do mes de Marzo de 2007:

Troitas:
  • Troitas collidas: 35 (7 no Viso, 4 en Negreira, 22 no Tabeirós e 2 en Riobó)
  • Troita máis grande: 26 cm, no Tabeirós
  • Troita máis pequena: moitas, máis pequenas ca culleriña

Culleriñas:

  • Culleriñas utilizadas con éxito: Ranger cobre do nº 0, Mepps dourada e alongada con puntos vermellos do nº 1, Mini dourada co corpo vermello
  • Culleriñas perdidas: 5 (4 Ranger de cobre do nº0 e a Mepps dourada con puntos vermellos do nº 1)

Ríos:

  • Río máis rentable: o Tabeirós, con 22 troitas
  • Río menos rentable: o Riobó, con 2 troitas

A medida que a temporada vaia avanzando, ireivos poñendo gráficas e comparativas con meses anteriores.

Saúdos!