domingo, 20 de mayo de 2007

8 días d'ouro do Corte Inglés

Vouvos relatar brevemente (porque non merece moito máis) estes 8 días de ouro, coma os do Corte Inglés, no que fun os ríos Masma (Mondoñedo), Anllóns (Verdes) e Vea (Souto de Vea, A Estrada).

13-05-2007: Couto de Mondoñedo Lote nº 2, río Masma

Qué vos podo dicir deste río, o Masma, máis que pestes del.

Alá fomos os tres con couto salmoneiro no lote nº 2, que casualmente, era o peor dos tres, polo menos o peor de andar. Menuda selva amazónica! Casi 400 km para só pillar un reo! Un miserable e anano reo! E inda por riba, perder culleriñas a mansalva (4 en total).

Menuda desfeita de día... Non picaban, o río era jodido de andar, chovía... pero eso sí, o río dentro do que cabe, era bonito. Tiña boas táboas y algunha poza chamativa. De feito, ten a poza do Capitán, como se lle chama alí, na que paran os salmóns a descansar. Pouco máis teño que contar: chegar ó couto foi cousa de Tom Cruise, menos mal que tomando o café mañaneiro atopamos un paisano que moi amablemente nos levou onda él.

Capturas fináis: eu 1 reo e 4 culleriñas perdidas, Nuñez 2 troitas e 2 culleriñas, e Rubén 5 troitas.
Conclusión: se non tendes ganas de imitar a Tarzán, non vaiades.

17-05-2007: Couto de Verdes, río Anllóns

Que millor que ir o día das Letras Galegas que ó río do bardo Pondal, o Anllóns. Repetimos couto logo da decepción do ano anterior, no que atopamos o río un poouco cheo e chocolate de máis.

O río é precioso. Moita corriente, fermosas táboas, e prácticamente ningunha poza. O maior problema do día: non picaban. E iso que o día comezou cunha troita no segundo lance. Pero todo o mundo sabe que o que ben empeza, mal acaba. E así foi.

Logo de mallar e mallar no río, e facer varios kilómetros de río, non fumos quen (Rubén e máis eu) de sacar máis de 5 troitas eu e 10 él, das cales creo que só unha daba a medida. Non se daban, e xa escoitamos a máis dun dicindo que o río e "capotero, capotero".

A culleriña do día: a Koala nº 1 de cobre, que xa non se fabrica e da cal gardamos algún exemplar. O resto do día queda en anécdotas con troiteiros e caídas (o meu móvil aínda está a recuperarse do chapuzón).

Conclusión: volverei o ano que ven, e espero que desta vez poidamos coller boas pezas.

19-05-2007: Couto de Souto de Vea, río Vea

E para rematar a faena e as ofertas, fun eu só o couto do Vea, preto da casa. E nin con esas. Somentes 4 troitas (unha de 22 e outra de 23, as outras dúas eran xurelos), e un par delas que caíron. Aqui xa non era que non se daban: e que non había nada!

O río xa vai moi baixo, e xa non hai moito sitio onde lanzar. Ata 2 metros de brizo cubría o río en certos tramos (verídico, logo poño as fotos). Pouco máis hai que contar: moito frío, pouca auga, poucas picadas e por sorte, ningunha culleriña perdida. Menos mal, porque este mes estouno notando no banco.

Conclusión: é millor pillar este couto máis ó principio da tempada, que é cando ten máis auga e podes lanzar en máis sitios.

Ben, 8 días de rebaixas, 7 troitas e 5 culleriñas perdidas --> Desfeita total!

2 comentarios:

Jose dijo...

o masma unha selva, sí unha selva de ortigas. Eu mido 1,87 cm e hainas mais grandes ca mín. Pero como me dixo o garda "Este ano só limpamos o lote 1" ou ningún. O couto de verdes. Purins a esgalla. O día que fun xa me mareaba o cheiro. Saquei algunhas con mosca afogada. Se queres que o móvil ou a cámara non se che vaia ó carallo atende a este consello.
http://nosolomosca.blogspot.com/2007/04/la-substancia-magica-silicagel.html

Pequeno troiteiro dijo...

incriblemente... sí o fixen! (lín o blog e aproveitei que tiña a bolsiña de silica dos vadeadores...) E vai ben...

dos ríos: a verdade e que o masma ser é bonito, pero é peor de andar que o everest... e o anllóns estaba bastante limpo, polo menos dende a área recreativa ata 3-4km máis arriba... non cheiraba nada e a auga estaba clariña..