¿En qué se parece a pesca da troita ó fútbol? En principio, diredes que nada, que qué ten que ver un deporte de 22 homes detrás dun balón co fabuloso deporte que é a pesca da troita. Pero non é certo de todo....
o fútbol na pesca vai chegaaaaaaaaarBen, a pesca da troita é un partido de fútbol, na que os riváis son o pescador e máis o río. É dicir, se vou pescar ó Ulla, o partido é Alex vs Ulla. Ou ó revés, se queredes xogar de visitante. A gusto do consumidor.
Pero claro, para ter un equipo, tes que ter xogadores. Pois os xogadores son as culleriñas e/ou moscas (no meu caso o primeiro, a mosca aínda non a domino ben). Se a culleriña é unha celta do nº 1 pois o xogador será un estilo
Munitis, e se temos unha ranger do nº 3, pois será un estilo
Janker. Logo incluso podedes darlle nomes ás culleriñas: á miña ranger do nº 1 chámolle Ronaldo (nos seus bos tempos, claro).
¿E os goles? Non hai fútbol sen goles. Pois os goles son as troitas, e a forma en que se pilla: se son troitas pequenas, pois será un gol de empuxar o balón. Se é unha boa troita, pois un gol de falta: se mide 25 cm, unha falta botada dende os 25m. por exemplo. Pode suceder que se lanzas, pega na rama, cae a culleriña a auga, fagas un ruido que nin dios, e colles unha troita de 30 cm., pois será un gol na área, con xogo embarullado, e ó final, centro e chilena (por exemplo, só hai que botarlle imaxinación).
Pero faltan os goles en contra: as culleriñas/moscas. Se perdes unha culleriña, gol en contra. Se a perdes de forma espectacular (culleriña na pola de 30 metros aló), golazo! Como podes perdela de mil formas, que a túa imaxinación empece a traballar.
Ata aquí as normas básicas do xogo. Logo, o que a imaxinación vos deixe. Nós, cada vez que perdemos culleriñas (a partir de agora, gol en contra), cantamos no río coma se foramos
Jose María García: "Gol, gol, gol!".
Logo, tamén lle damos nomes ós ríos. O Ulla, coma o campo do Valencia:
Mestulla. O río Vea é o Santiago Bernavea... e moitos máis que podedes facer. ¿Que non encontrades? Sempre se pode contruir un Touzosas Park, ou un Umia Arena.
Que máis vos podo contar..... os xogadores: máis do mesmo. Mesmo os vosos nomes poden ser bos xogadores. ¿Para Rubén? Pois Karl Heinze Rubenigge... Xa vos dixen que tendes que deixar voar a vosa imaxinación.
Por suposto tamén hai goles en propia porta: os escalos. Un escalo está estipulado coma gol en propia, sen marcha atrás. Así que a ver que facedes... e procurade non pillar moitos, no vos vaia a pasar coma o
Atlético de Madrid.
E algunha outra cosa máis que se me esquece, polo que xa volas engadirei en próximas entradas. Propóñovos seguir estas indicacións cando vaiades o río. Xa verás como vos animades uns ós outros. E se algún día atopades a alguén berreando un "Gol, gol, gol!" cunha culleriña enganchada na outra orilla.... alí estarei.