domingo, 25 de noviembre de 2007

I Xornada www.miguelpesca.com (Padrón)

Ante todo, pedir disculpas ós lectores deste blog por non poder actualizalo máis a miúdo. Séi que respecto as xornadas chego tarde, mal e arrastro, pero o meu traballo fai imposible que poida actualizalo con maior frecuencia da que o estou facendo. Espero que entendades que o que traballa con ordenadores durante 12 horas ó día, non ten ganas de tocar un ó chegar á casa.

Falando xa das charlas e deixando xa as miñas penurias, o sábado 17 de Novembro celebróuse en Padrón a "I Xornada www.miguelpesca.com" no auditorio municipal. Ata alí achegueime cun dos meus escudeiros troiteiros, Rubén. Alí por fin coñecín a Jose, autor dos blogs Mosqueados e No solo mosca. Dende eiquí, un saludo.

Logo dun cafeciño, a xornada comezou con Pepe Casal, presidente da asociación de pesca do Tambre, ca charla "A xestión da pesca", ponencia na que comentaba a mala xestión por parte da consellería e propoñía un novo modelo administrativo. Salientar a porcentaxe de pescadores federados frente o número de licencias: 3,64% frente as máis de cen mil licencias expedidas.

A seguinte charla, "Ríos e verquidos", correu a cargo de Marcos Manteiga, do Correo Galego. Mentres facía a ponencia e comentaba os desastres nos ríos galegos, iba poñendo imaxes dos diferentes desastres naturáis que sofreron os nosos ríos ó longo dos anos: Umia, Furelos, Xallas,...

Unha das charlas máis esperadas foi a do secretario da sociedade de pesca de Santa Comba, Jorge García, co título "A infamia do Xallas", relativo o desastre acontecido no Xallas debido á mala xestión e deixadez por parte de Ferroatlántica, permitindo que o encoro secase e causando miles e miles de mortes de especies piscícolas. Incrible gráfica comparativa entre os encoros da Fervenza e Sta Uxía, na que mostraba o vacíado progesivo do primeiro frente a estabilidade das augas do segundo. Para chorar...

A continuación, o doutor Fernando Cobo, doutor en Bioloxía da USC e co-autor xunto con Marcos Gonzalez do libro "Macroinvertebrados das augas doces de Galicia", libro que teño ganas de ler. Moi interesante ponencia, destacar a parte sobre as capacidades dos salmónidos de sobrevivir en augas con diferentes nivéis de toxicidade.

Por suposto, un cafeciño nunca ven mal, sobre todo co frío que facía. Logo do maravilloso café, mostróusenos o Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia, en Monforte de Lemos.

E o millor estaba por chegar. A ponencia máis aclamada foi a do Doutor en Troitoloxía pola universidade do Tambre, e Reoloxía pola do Deva, Juan José Moralejo. Monumental, incríble... Nunca o olvidaréi. Un chisco da charla: "¿sabían ustedes que la temporada de caza apenas dura dos meses y la de cazo es de doce meses prorrogables sin veda?"

O resto do día, dedicouse a mesas redondas e debates: "Técnicas de pesca" e "Presente e futuro da pesca". Destacar a capacidade de Eduardo Fontenla de pescar e preparar o lance ca cucharilla enriba dunha mesa (por suposto, ca cucharilla Edu triple cero).

Non todo ía ser charlas. Por suposto, houbo un descanso para a comida, moi rica por certo, no restaurante Scala. Alí compartín charlas de pesca con Rubén e Jose, dende reos e troitas ata calamares e muxos. Calquera cousa vale mentres haxa cana e seda.

O día rematou ás 7 e pico da tarde. Alí despedímonos todos. Destacar a presencia de xente coñecida dos meus arredores (Pablo Vilarelle, Maki, Meijide, Xaquin Muíños,... ). O único que botei en falta foi unha "auto-crítica" dos pescadores: todos nós queremos e pedimos, pero moitos de nós non damos. Moitos dos troiteiros levan e levan para casa. Está ben mentras a lei o permita. Pero dende aquí quero facer chamamento á pesca deportiva, aquela na que loitas cun animal bravo e que cando está canso e dase por vencido, non hai millor premio que devolvéla o río. Un berro polo "colle e solta"!!!!

Fotos e resumo máis amplo das charlas téndenas en Miguel Pesca.

4 comentarios:

Jose dijo...

Saúdos para tí tamén.
A túa preocupación pola actualización do blog está moi xustificada porque cando comeze a tempada hai que estar no río.

Pequeno troiteiro dijo...

por suposto que temos que estar no río, pero estamos en veda nestes momentos. e o traballo e o tempo machacan a ún...

Anónimo dijo...

Alédome moito de volver a ter novas tuas por este medio, aínda que non sea para ver moitas veces cousas boas, pero iso é a triste realidade. Unha realiadade marcada por desastres ecolóxicos. O ano pasado foi o Umia, este ano o Xallas e o ano que ven cal sera...?Cada ano cargamonos un.
Fora de isto decir que haber cando empezan as troitas que ainda que quede moito eu xa teño un mono de non te menees. Haber se nos escapamos un día a Vilagudín ou o mar a pillar muxos a cola de rata que tiran moito.
Un saudo

O vello de Rivela

Pequeno troiteiro dijo...

o que faja falta, meu vello de rivela, sempre e cando teñamos un cigarriño na boca....