domingo, 9 de diciembre de 2007

De viaxe por terras navarras

Na ponte do 1 de Novembre (xa fai un més daquelo), funme de viaxe a ver ó meu colega que reside no límite entre a comunidade foral e a rexión gala.

Entre ceas e comidas, cafés e copas, futbolines, entre Amelie's e Cecile's, e de "benta" en "benta", aínda saquei tempo para poder visitar unha das piscifactorías que están preto da súa zona, a piscifactoría de Oharriz, adicada á cría de troita Arco Iris.

Como o meu colega xa coñece ó encargado, non houbo problema por entrar e visitar as instalacións, e por suposto, tentar coller ca man algún que outro "torpedo" das canles.

Nesta imaxe podemos ver as diferentes canles onde conviven as troitas. Cada un deles está numerado e neles agrúpanse as troitas por tamaño.

Nunha das canles onde residían troitas de kilo e medio aproximadamente (uns 50-60 cm), paramos a examinalas e coñecer a súa reacción á nosa proximidade. Curiosa reacción, xa que nada máis vernos, botaron a rebulir entre elas. Iso é debido a que saben que lles van botar pienso. Chámalle burro ó cabalo...



Nesta misma canle, co permiso do encargado, tentamos de coller algunha coa man. Tarefa dificil, xa que son moi esvaradizas e algunha ata che bota o dente. O primeiro, analiza-la canle e botarlle un primeiro vistazo do que vamos tentar coller...

O primeiro intento, foi por parte del, pero sen éxito.... Seica unha lle mordeu un dedo da mán.



No meu turno, enganchei unha delas e por pouquiño na saco fora. Unha mágoa, sobre todo porque chegeui a casa empapado de tanto intento, e tanto rebulir (parecía que non, pero non vos imaxinades o que salpicaban as condenadas)



Ó final, tivémonos que conformar con tomar un café quentiño no bar do pobo.

2 comentarios:

Josiño dijo...

Tamén che gusta a pesca coa mán.
Na terceira foto parece que te vas botar de cabeza.
Seguro que esa noite soñaches coas troitas.
Saúdos.

Alex dijo...

soñar non sei se soñaría moito de copas, igual con algún salmón francés de ollos azúis....

na foto, estou a piques de facer triple tirabuzón con dobre mortal, e caer cas mans collendo unha troita