viernes, 18 de enero de 2008

De ríos e paisaxes da zona... 3º parte

O prometido é deuda. Estas fotos pertencen á presa de Herbón, no río Ulla, preto dos coutos de Sinde e Couso.

Nestas dúas primeiras, podemos ver as famosas "pesqueiras", construccións de pedra dispostas perpendicularmente á corrente para a captura da lamprea mediante os "buitróns". Nas imaxes vemos, dende diferentes ángulos, a pesqueira chamada O Canal, unha construcción moi antiga e, a diferencia das demáis, está construida en forma de vértice, permitindo o remonte da lamprea pola corrente do medio.

Vista de O Canal dende o chan.



Vista de O Canal dende a ponte da estrada.



Nestoutra imaxe, o caseto verde ó lado doutras "pesqueiras".



Nesta zona sóese pescar, ademáis da lamprea, o reo e sobre todo, a zamborca.

2 comentarios:

Jose dijo...

Espero que para o ano lle mandemos uns lances por ahí.
Xa queda menos.
Un saúdo.

Pequeno troiteiro dijo...

jejej cando queiras, chegar aquí é un pouco complicado...