jueves, 28 de agosto de 2008

River Dripsey, co. Cork

Mais pescatas, desta vez no río Dripsey, co. Cork, ó oeste da cidade, preto do castelo de Blarney (e non é o River Martin). Río pequeno pero matón, gustoume moitísimo.

Fun dúas horiñas hoxe pola tarde, pero bastoume para animarme e relaxarme, coller 20 troitas e perder unha culleriña (levouna unha troitiña, rompeume a sedela), e sentirme libre outra vez, despois dunha mala semana tanto no laboral coma no persoal.

Das 20 troitas que collín, unha de 24cm (non teño foto, esvaroume das mans pero era fermosísima), e outra de 20cm, moi bonita tamén. Nesta foto, unha das primeiras da tarde. Saqueille foto polos contrastes co sol, aínda que non quedou moi ben.

Esta é unha imaxe do río. É fermosísimo, encantoume....

Esta toma dende unha pedriña. Podedes ver a miña cana á esquerda, descansando nunhas pedras....

O peor... o de sempre... a contaminación... pero este río apenas ten basura... nesta foto, un cono de tráfico... igual están as troitas en obras e teñen que usalo...

Saúdos e seguiremos informando!

4 comentarios:

oldsmugglerflyfishing dijo...

¡Muy bueno! Que lugares que tienen en Irlanda. Creo que la pesca en esos arroyos debe ser muy técnica.

Siempre la contaminación es un tema en los ríos... Acá hay un río donde se puede encontrar desde ruedas de coches hasta baterías.

Saludos.

Pequeno troiteiro dijo...

jejej si, la verdad es que estos sitios son espectaculares. No puedo quejarme de nada, teniendo en cuenta que vengo de Galicia, y los ríos allí también son increíbles.

La contaminación es otro tema, lo de siempre. Todavía no he visto ningún río en ningún sitio sin que haya algún tipo de basura... es una pena, pero bueno, salvo recogerla, no podemos hacer mucho más....

Saludos oldsmugglerflyfishing!

Jose dijo...

Qué magoa que se che escapara a mellor. Troitas moi fermosas e río moi parecido ós galegos.
A contaminación está presente por todos os lugares onde o home pon o pé.
Ata onde estiven esta fin de semana había algúns sedales polas rochas.
Espero que te recuperes da mala semana no terreo persoal. No tocante ó profesional deséxoche que che vaia mellor de agora en diante.
Saúdos.

Pequeno troiteiro dijo...

pois si, jose... foi unha pena. A verdade é que son moi parecidos ós galegos, quizá un pouco máis limpos.

A semana foi millor nambos terreos. Gracias polos animos!

Saúdos!