domingo, 1 de marzo de 2009

Tempada 2009: River Martin e River Bride

Boas de novo!

E comezamos xa a tempada 2009 por terras irlandesas. Éste é o parte actual das 3 veces que fun de troitas.

20 Febreiro 2009: River Martin 0 - 0 Alex

Mal inicio nunha tarde gris e extremadamente fría. As troitas movíanse menos que os mortos. Un par de horas e tiven suficiente para marchar para casa, e o peor de todo, cos vadeadores pinchados e cheo de auga... Sen picadas. O tramo que escollín foi xusto na súa desembocadura no River Lee. 

28 Febreiro 2009: River Martin 0 - 1 Alex

Máis do mesmo, moito frío pero cos vadeadores bos, aínda que desta vez escollín o tramo que vai dar ó Blarney Castle. Tiven máis picadas, aínda que non moitas. Nunha delas escapoume unha boa. Unha pena. E xa cando estaba a piques de marchar, un xurelo deulle por entrarlle á Celta Dourada e Verde do nº1. Cando lle iba a bota-la man, xa se soltou ela soíña. A lo menos estreneime!

1 Marzo 2009: River Bride 0 - 1 Alex

Seguimos cas xornadas rácanas. Sigue facendo moito frío e a auga parece que ven da Antártida. Somentes unha picada, pero desta vez saqueina. Unha fermosa pintona de 24cm collida cunha Celta Dourada e Verde do nº1. Aquí o vídeo dela....

video

E por suposto, o "catch and release"...

video

Espero que según mellore o tempo, estas estén moito máis activas...

Saúdos dende Cork!

2 comentarios:

Jose dijo...

Se non se captura nada, creo que lle hai que dar a victoria ó río. Senón ou empatas ou gañas.
Pouco a pouco irás tomándolle á medida ós peixes de por ahí.
Sorte nos vindeiros enfrontamentos.
Aquí xa queda menos.
Saúdos.

Pequeno troiteiro dijo...

a victoria do rio e cando empezas a perder cullerinhas. Por agora fun afortunado, pero os primeiros lances da tempada soen ser moi moi perigosos (contra-ataques ben executados, coma din na telegaita)