sábado, 5 de diciembre de 2009

Salmóns en Estocolmo (Suecia)

Boas!

Mira que xa fai tempo que non poño unha entrada eiquí, pero entre o traballo novo (e os cambios que supuxo), os estudos, a moza e o descoñecemento do entorno de Dublín (teño que ir investigar un pouco por aquí), non puiden ir nadiña de pesca. Eso sí, desconectado non estou polo que imos ver por aquí.

Estaba eu de vacacións por Estocolmo (Suecia). Cheguei un sábado xa de noite dende Polonia e decidín dar un paseo e sacar fotos nocturnas, xa que é unha das cousas que máis me gustan da fotografía. Se non o sabedes, Estocolmo está formada por moitísimas illas con pontes dunhas a outras cruzando o mar.

Paseando pola cidade, decateime de que nunha das pontes había uns pescadores. Rápidamente acerqueime ate alí, e isto foi o que me encontrei.

¿Qué carallo estarían pescando de noite e no mar? Pensei todo tipo de peixes marinos, pero a verdade é que non acertei. Ísto era o que estaban pescando: SALMÓNS! E se non o credes, mirade os salmóns de aproximadamente 6 kilos cada un que colgaban na ponte...


Quedeime un bo rato alí esperando a ver se pillaban máis. Estaba seguro de que sí. Mentras, tentei falar cun lugareño (él en sueco, eu en inglés... conversación de besugos). Pescaban os salmóns cunhas moscas que deixaban varar na corriente e recollían de vez en cando. Máis ou menos coma a ninfa pero sen cola.

Finalmente, e para a miña alegría, un deles enganchou un salmón! Esperei un ratiño mentres o paisano iba dun lado a outro da ponte tentando de acercalo a un dos lados. E dicía eu: ¿como carallo vano sacar de ahí? Fácil: un deles baixaba pola escada da ponte ca rede e dende alí collíao coma se nada... mirade as fotos:


Afortunadamente non se lle escapou e lográrono coller. Éste é o resultado: un pedazo de salmón macho (creo que macho polo líquido que botaba preto da aleta anal) duns 6 kilos (outro máis!).

Pareceume moi curioso o seguinte: xa en terra, e para que non agonizara, colleron un coitelo (ou ferramenta X) para clavarlla na cabeza e así matalo definitivamente. Como vedes, a xente non vai "hiper-preparada" para ir a pescar aquí. Véase o rapaz que o colleu con gabardina e tenis (e bufanda que facía un frío da ostia)

O día seguinte pola mañán, acerqueime de novo pola ponte e alí estaban outros pescadores tentando de coller outro salmón. Terían sorte estes?


Pois sei que si, porque alí había outro salmón mais (o da foto) e outros máis que non lles quitei foto (pequenos). Vamos, que en menos dun día, xa ira a lo menos 6-7 salmóns... así da gusto!


Vamos ter que ir a Suecia a pescar salmóns (e salmonas, menudas rubias!)

Saúdos!



7 comentarios:

Jose dijo...

Isto é o colmo de Estocolmo.
A pescar salmóns pola noite. ¡¡E vaia salmóns máis bos!!
Vai pedindo traballo por ahí que para o ano teremos que facer unha excursión por eses recunchos.
Pareceme ben que non fagan agonizar ós animais.
Saúdos.

Alex dijo...

Jejejeje o prometido é deuda! :D

Incrible eh? Eu quedei parvo cando os vin alí... e non eran xouvas, eran uns salmóns da ostia! E vamos ter que ir pedir trabllo por alá, tanto para os salmóns como para as salmonas (menudas salmonas!)

O de non facer agonizar, pareceme ben. Eu quedei mirando con curiosidade qué ía facer e de repente... pum! O salmón deixou de moverse....

Qué curiosidades nos da andar polo mundo adiante! :-)

Apertas!

Jose dijo...

Nas etiquetas tamén podes poñer "suecas" porque xa sabemos que os "suecos" son para poñer nos pés.
jajajaja
Oes, que non é coña. Entérate da mellor época para ir por ahí á procura do salmón.
Despois xa nos entenderemos coas suecas.
Saúdos.

Alex dijo...

jjejee e que as suecas... son moi suecas de dios! jajajajajajaj

oldsmugglerflyfishing dijo...

¿Cómo va eso gallego?

Tremendos bichos sacan estos suecos. Lástima que se sacrifiquen hermoso ejemplares.

Y sí, las suecas son muy lindas.

Saludos.

Alex dijo...

Amigo oldsmugglerflyfishing!

Pues vamos tirando, sin pisar un río todavía en este año 2010. Tengo demasiados asuntos encima y no tengo tiempo de ir al río. Pero prometo hacer una escapada a partir de Junio.

Cuando ví estos salmones, me quedé impresionado. Hay una enorme cantidad de ellos (cada día sacaban unos cuantos). Es una pena que los sacrifiquen, es cierto. Pero depende de la cultura, ya que estoy seguro que por ej, en Galicia, no terminan de matar al salmón como allí lo hacen para que no sufra, si no que lo dejan asfixiarse. No sé, diferentes puntos de vista.

Eso sí, menudas suecas! :D

Un saludo

turkiye-escort dijo...

Seçkin escortların bir arada olduğu bayan escort - kadıköy escort - fenerbahçe escort - escort ataşehir - escort kartal - maltepe bayan - escort beylikdüzü - bursa escort - halkalı escort - avcılar escort - Escort Haritası ziyaret ederek, ihtiyacınıza ve bulunduğunuz mekana uygun bir escort düşünebilirsiniz. feneryolu escort - istanbul escort - kadıköy escort - travesti - kadıköy travesti - travesti - Eskort sitelerini reklam amaçlı kullanan escortlar vardır. kadıköy escort, kızıltoprak escort, bayan escortlar, escort.com sitesine düzenli olarak yeni escortlar reklam veya ilan vermektedirler. Bu yüzden siz de aradığınız kriterlerde ve yeni fiyatlarla uygun fiyatlarla escort bulabileceksiniz. Eskort (escort bayan) tamamen sizin kontrolünüzde olup saatlik ya da belirli bir süreliğine sizin hizmetinize tabi olan özel bayanlardır. www.escortbayanescort.com sitesinden siz de aradığınız biçimde, fikirlerinize uygun escort