Ben, tras un par de pescatas nos ríos Blackwater (rosco) e Bride (6 e 22 troitas en dúas xornadas) dos cales xa vos falarei no futuro, vouvos falar deste fin de semana, que fun de pesca ó Lough Allua (lago Allua), a 5km. aproximadamente da vila de Inchigeelagh, Cork. E qué fun pescar alí? Troita non, fun pescar lucios (pike en inglés)!!
E diredes que estou tolo... e por qué non? Hai que probar de todo na vida!
Ala fumos meu colega Marcin, Ania (a moza) e máis eu. Arrendamos unha barca a motor e alá nos fomos ó medio do lago. Os detalles de arrendamento podedes atopalos nesta web (a que o fulano parécese a Olaf Marshall?)
Total, que tras un rato pescando, o motor escarallase. Non arrancaba. Voltamos a remo ó porto para chamar ó dono (un alemán). O problema: a billa da gasolina pechada. Somos uns desastres.
Voltamos de pesca ó medio do lago. En silencio. Lanza que te lanza. Nun descanso, comemos chourizos galegos, e salchichas, pepinillos e pan polacos. Menuda mistura!!!
Logo, continuamos a pesca. E nunha destas, conseguín atrapar o meu primeiro lucio (e o único que collemos en todo o día). Aquí están as fotos. Corenta e pico cm de lucio. Non está mal, pero hainos moito máis grandes. A verdade é que o día tampouco era o millor.


Saúdos a todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario