domingo, 13 de julio de 2008

Pesca en barco en Old Head (Kinsale, Cork)

De volta estamos con xornadas piscatorias, pero desta vez no mar. Sí, no mar!!! Cousa rara en mín, porque nunca vóu ó mar, pero aquí téñoo moi preto e penso que é unha boa oportunidade para intentar coller algún que outro "mackerel" (caballa) ou "polock" (abadexo).

No noso curre, decidimos arrendar un barco e ir unhas 8-9 persoas a pescar ó mar, e así aproveitar para ver algún que outro acantilado dos que tanto abundan por aquí, pero desta vez dende o lado do mar.

Alá fomos cara o porto de Kinsale, onde o patrón do barco esperaba por nós. O material proporciónalo o patrón, así que non temos que levar nada de nada. Somentes roupa para a auga e non mollarse.

Nada máis subir o barco, descubrimos unha beleza na auga. Unha preciosa foca gris estaba a mirar para nós, a ver se lle botávamos algo para comer. Aquí unha fotiño. Non me digades que non é preciosa!

E ún video dela, que está moi graciosa cando abre os buratos do nariz para respirar!



Xa saíndo do porto, meu colega Marcin sacoume un par de fotos. Esta primeira fronte o forte de Summercove.

Nestaoutra, xusto no momento en que unha ola pilloume por sorpresa e molloume coma un pito en toda a espalda. Que frío que facía!

Para que vexades á velocidade á que ibamos no barco, e o poder das olas, esta foto representa un "quero e non podo". Tentei quitar unha foto, pero nese momento colleume unha ola e saquei "isto" que non podo describir.

Agora, un video despóis da foto anterior. Mirade como salpica a auga. Parece que non é nada, pero se estás dentro de barco é completamente diferente!



Comenzamos a xornada en Old Head. Parecía que non picaban. Un cambio de sitio e as picadas e peixes comenzaron a salir. Un tras outro, os méus compañeiros ían quitando peixes, algún de tres en tres!!! Eu, mentres, estaba a velas vir, sen pillar nada, e con principios de mareo (as ondas estabanme a matar...)

Nesto, o meu colega Marcin logrou pillar un bo abadexo, grande coma él solo. Aquí tendes a foto.

Despóis de unhas cuantas caballas, un par de abadexos e unhas agullas por parte dos meus colegas, nada pola miña parte salvo un mareo, voltamos a porto (por fin!!). No camiño, vimos unhas marsopas preto de porto.

Nesta foto, o porto de Kinsale con todos os barcos de recreo amarrados. Precioso!

E finalmente, a foto conxunta dos pescadores (e mareados) co porto ó fondo.

Espero que vos guste. Saúdos!!

2 comentarios:

Jose dijo...

"Despois dunhas cantas caballas..." Por favor. Dise "Eguas", perodón "Cabalas, rinchas ou xardas"
A foca moi bonita pero non lle ofreceches nada.
Agora en busca dos Yellowfin Tunas.
Saúdos.

Pequeno troiteiro dijo...

jejeje meu galego as veces non e bo!!! A foca demoslle un par de xardas o finalizar a xornada. O dos atuns, vai ter que esperar ainda...
:)