Estamos de volta cunha mini-actualización do blog para contarvos de forma breve as últimas xornadas de pesca en Irlanda, concretamente nos arredores de Cork, nos ríos Martin e Bride.
2008-07-17: River Martin 0 - 31 AlexMiña nai querida... moita troita pequena ten este río. O bonito que ten é que ten augas moi cristalinas, moita corrente, e o millor de todo é que, na zona no que o pesquei, apareces xusto ó ladiño do
Castelo de Blarney, onde unha ponte, dentro do recinto. Bonitas troitas, unha de 24cm e outra de 21cm (non as hai moito máis grandes que digamos....) Nesta primeira foto, a troita de 24cm.

Estas dúas fotos agora son do river Martin. A verdade que son ben bonitas. Nesta primeira, o pastor do gando pasando polo medio do río. Tes que agocharte para pasar, aquí están sempre encendidos (e calambrazo que levas...)

Nestoutra, un pouco máis arriba. Unha bela corrente (se non recordo mal, creo que pillei algunha troita ahí).
2008-07-29: River Martin 1 - 7 AlexVoltamos outra vez ó River Martin, desta vez nunha zona superior. Costou atopala pero con
Google Maps e co meu GPS conseguino. Esta zona a pesquei en moi pouco tempo, a chuvia e o meu cansanzo fixeron mella, pero as 7 troitas que pillei deixáronme un bo sabor de boca. Ningunha que salientar, todas pequenas e no río.
2008-08-01: River Bride 0 - 8 AlexDe novo ó River Bride, desta vez cheo de auga ata arriba. E un pouco marronciño, tendo en conta as inundacións en Fermoy (Rathcormac, por onde pasa o R. Bride está a 5 minutos de Fermoy). Tentei estrenarme ca cola de rata, pero levei un rosco coma un donuts. Pero a miña garra persistiu e boteille a culleriña, a cal non fallou e fixome coller 8 bonitas troitas, unha delas de 22cm. Aquí, o vídeo do "
catch and release" desa beleza.
E ata aquí as troitas por agora. Seguiremos informando das xornadas troiteiras que levarei a cabo neste mes de agosto (a pesca aquí remata a fináis de Setembro).
Lembrade que, os asiduos ó meu outro blog, podedes ver o mapa de visitas e pesca. O mapa é
este.
Saúdos a todos!