martes, 24 de abril de 2007

21-04-2007: pesca no Tabeirós

Que vos podo dicir deste día... a verdade... pouca cousa..

Logo de facer o exame en Silleda da oposición ó Sergas... máis ben... logo de ir facer o parvo alí, porque o que se dí estudiar, non toquei un libro, decidín ir botarlle uns lances ó río, para desestresarse, vamos.... e alá fun ó Tabeirós.

Facía unha calor que nin o demo. Ós cinco minutos de poñer o vadeador, ya estaba sudando coma un porco. A verdade é que non sei se as troitas sudan, pero as pobres debérono pasar mal. Bueno, comigo pasárono que nin Dios, porque mira que se riron de mín... porque a ver... a min gústame pescar, pero pillar 3 xurelos, un dos cales medía 9 cm (medidos empíricamente), ... pois igual jode un pouco.

Pouco máis teño que contar... quedei fodido para o resto da semana.... igual millor fora salir de borracheira...

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Non te anoxes, un mal día teno calquera, agora polo que vexo estas sufrindo unha pequena crise de "resultados", no Arenteiro e no Tabeirós non che sairon as cousas como desexabas, pero non te preocupes o día un de maio afogaremos as penas coas troitas do Ulla.
Un saudo e un abarzo do teu amigo "o vello de Rivela"

Alex dijo...

Eso mismo, xa nos iremos de borracheira ó Ulla...