martes, 22 de mayo de 2007

Reflexión pisci-futboleira...

¿En qué se parece a pesca da troita ó fútbol? En principio, diredes que nada, que qué ten que ver un deporte de 22 homes detrás dun balón co fabuloso deporte que é a pesca da troita. Pero non é certo de todo.... o fútbol na pesca vai chegaaaaaaaaar

Ben, a pesca da troita é un partido de fútbol, na que os riváis son o pescador e máis o río. É dicir, se vou pescar ó Ulla, o partido é Alex vs Ulla. Ou ó revés, se queredes xogar de visitante. A gusto do consumidor.

Pero claro, para ter un equipo, tes que ter xogadores. Pois os xogadores son as culleriñas e/ou moscas (no meu caso o primeiro, a mosca aínda non a domino ben). Se a culleriña é unha celta do nº 1 pois o xogador será un estilo Munitis, e se temos unha ranger do nº 3, pois será un estilo Janker. Logo incluso podedes darlle nomes ás culleriñas: á miña ranger do nº 1 chámolle Ronaldo (nos seus bos tempos, claro).

¿E os goles? Non hai fútbol sen goles. Pois os goles son as troitas, e a forma en que se pilla: se son troitas pequenas, pois será un gol de empuxar o balón. Se é unha boa troita, pois un gol de falta: se mide 25 cm, unha falta botada dende os 25m. por exemplo. Pode suceder que se lanzas, pega na rama, cae a culleriña a auga, fagas un ruido que nin dios, e colles unha troita de 30 cm., pois será un gol na área, con xogo embarullado, e ó final, centro e chilena (por exemplo, só hai que botarlle imaxinación).

Pero faltan os goles en contra: as culleriñas/moscas. Se perdes unha culleriña, gol en contra. Se a perdes de forma espectacular (culleriña na pola de 30 metros aló), golazo! Como podes perdela de mil formas, que a túa imaxinación empece a traballar.

Ata aquí as normas básicas do xogo. Logo, o que a imaxinación vos deixe. Nós, cada vez que perdemos culleriñas (a partir de agora, gol en contra), cantamos no río coma se foramos Jose María García: "Gol, gol, gol!".

Logo, tamén lle damos nomes ós ríos. O Ulla, coma o campo do Valencia: Mestulla. O río Vea é o Santiago Bernavea... e moitos máis que podedes facer. ¿Que non encontrades? Sempre se pode contruir un Touzosas Park, ou un Umia Arena.

Que máis vos podo contar..... os xogadores: máis do mesmo. Mesmo os vosos nomes poden ser bos xogadores. ¿Para Rubén? Pois Karl Heinze Rubenigge... Xa vos dixen que tendes que deixar voar a vosa imaxinación.

Por suposto tamén hai goles en propia porta: os escalos. Un escalo está estipulado coma gol en propia, sen marcha atrás. Así que a ver que facedes... e procurade non pillar moitos, no vos vaia a pasar coma o Atlético de Madrid.

E algunha outra cosa máis que se me esquece, polo que xa volas engadirei en próximas entradas. Propóñovos seguir estas indicacións cando vaiades o río. Xa verás como vos animades uns ós outros. E se algún día atopades a alguén berreando un "Gol, gol, gol!" cunha culleriña enganchada na outra orilla.... alí estarei.

5 comentarios:

Josiño dijo...

Se perdes unha culleriña, é unha lesión irreversible. E se perdes un rapala, baixaches á segunda.
Se vades dous a pescar, o partido disputádelo os dous, coma unha competición. Un saudo.

Alex dijo...

jejejej ben, vexo que non somos os únicos.... tamén o que facemos é, que se vamos pescar fora da comunidade (Navarra, Castilla..), xogamos UEFA ou Champions..

Tamén facemos partidos un contra un coma ti, e incluso simultáneos (un nu río e outro noutro), e o final mandamos sms's dicindo parvadas...

Coma cativos.

Anónimo dijo...

Nos picámonos entre dous ou mais grupos, xa que algúns prefiren unhos ríos distintos ós dos outros. (Eu normalmente vou só). Coma no futbol, temos estratexias, por exemplo, no mesmo día eu opto por ír á miñoca porque creo que me dará mellor resultado, nembargantes, outros creen que se lles dará millor coa culleriña, deste xeito, o que mais pilla, ademais de gañar o partido, consolídase como un experto adestrador por elixir a táctica axeitada. Tamén temos piques entre cucharilleiros, plumeiros e miñoqueiros. Cando recibes unha mensaxe que pon, ("Os dos ferros non sei a que carallo baixades ó río, hoxe caeron 14. Fdo. Os Plumeiros")e tí ves con duas troitas de medida xusta, rascado polas silvas, cheo de espiñas de toxo seco metidas nas botas e suando coma se mexasen por ti despois de 5 horas no río, nese preciso momento se os pillas acaban no fondo dunha tosta coas plumas no pescozo. O problema e que rosmas toda a noite pensando a onde vas ir mañá pola mañá para remontarlle a eliminatoria. Na cama xa estas matinando nas posturas, case sintes os piques... o único que nos falta e irnos de concentración a un hotel.

Alex dijo...

ben... vexo que non é cousa nosa soamente... e eu pensaba que estaba tolo da cabeza....

Josiño dijo...

E se pasas de ir coa culleriña á mosca afogada, quere dicir que pasas do 4-4-2 ó 3-4-3. A verdade é que hai xente que tira río pra diante e acaba mamado, e outros en douscentos metros de río facemos a festa. Recordo que nunha ocasión saquei 5 troitas no mesmo pozo cun peixiño da miña invención e escapáronse outras tantas, e outro conpañeiro a mallar río ata a casa de Deus, para nada. Por certo se pillas dúas troitas dunha vez có mosquito, que é: un gol de chilena desde o medio do campo ou un penalti tirado co impulso do gas expulsado polo cú por mor da fabada do mediodía?