domingo, 10 de febrero de 2008

Actividades Hipercor 2008

Dende a web Miguel pesca, chegoume o anuncio das actividades que o Centro Comercial Compostela Hipercor fará durante o ano 2008, en concreto, no mes de Febreiro.

O conxunto de actividades ven a ser a seguinte:

Primeiro Certame de relatos cortos: “Galicia, país do millar de ríos”. Tema: "A pesca en augas continentais de Galiza: pasado, presente e futuro."

Exposición do último en aparellos para pesca en augas continentais: do 18 ó 23 de Febreiro, no Departamento de Deportes de El Corte Inglés-Santiago.

Concurso de Montaxe de Moscas para Troita: o 22 e 23 de Febreiro, xunto cunha mesa redonda sobre: “A pesca en augas continentais de Galiza: pasado, presente e futuro” e unha exhibición de montaxe de moscas de “Fantasía”, coa participación de coñecidos montadores.

Anímovos a todos a participar neste evento. Para ver as bases dos concursos, revisar a seguinte ligazón.

2 comentarios:

Jose dijo...

¿vas ir ata aló?

Pequeno troiteiro dijo...

pois si, é o mais probable... estou a 20 minutos de santiago... se queres e vas vir, podemos quedar..