miércoles, 27 de febrero de 2008

Encoro de Portomarín (Lugo)

A principios do mes de Febreiro, este mes que está a piques de abandonarnos, os meus tíos lugueses, tamén afeccionados á pesca, decidiron ir a visitar o encoro de Portomarín, a uns 26 Km da capital de provincia.

Tendo en conta que o nivel das augas en Galicia nese momento estaban mooooi baixiñas, podíase supoñer que non o ían encontrar moi cheo que digamos. E isto foi o que encontraron: fermosos restos do pobo que o encoro engullíu cando este se encheu, e que saíron a flote cas baixas precipitacións neste ano de cambios climáticos.

Nesta primeira foto, pódese ver unha construcción que me recorda ó Stonehenge británico.


Nesta outra foto, vemos restos de vivendas que normalmente non se ven cando o encoro ten auga... imaxinade qué baixo están as augas nestes momentos en Galiza!

Mais restos do pobo... parece un pobo maldito, coma nas películas...

¿Seguirá baixando máis? Esperemos que non....

Vista da ponte que cruza o regato preto da casa... unha construcción fermosa...

Comparación das pontes vella e nova... incrible!


Agradecer ós meus tíos Miguel e Puri, autores das fotografías aquí mostradas, por mandarmas e deixarme colgalas no meu blog. Unhas apertas para vos!!!

8 comentarios:

puri dijo...

Esperamos que non baixe máis...!, porque ainda que son moi fermosos os paseos que damos polo encoro...góstanos moito máis cando leva auga...cando pescamos esas fermosas troitas...peixes...e... séntese "otra vida" cando leva máis auga....
Tes que vir en ulgunha ocasión a pescar....ou pasearrrr....
Biquiños

Pequeno troiteiro dijo...

Hola puri!!! Grazas por escribir no blog.

Por suposto que irei por ali, de feito estamos mirando para ir a unha casa rural en Portomarín, chamada Santa Mariña, que oferta viaxes en canoa polo encoro.

Esperemos que teña auga cando vaiamos por alí... jejejej

Jose dijo...

O pobo fantasma mola mazo, había que botar un ollo polas orillas que debe de haber culleriñas e rapalas a esgalla.
Cando o embalse de Eiras baixara unha barbaridade, atopei nun día 12 rapalas e 57 culleriñas. Poucas houbo que amañar.
Saúdos

puri dijo...

OLA!
A verdade é que é moi "molón "pasear polo encoro....
Temos ido moitas veces nestes últimos tempos de "sequía.." , e cada vez,eu en concreto sinto unha sensazón estraña...é coma se te transportaras a tempos antigos...( no ano 63 inaugurase o encoro..)e imaxinas cómo estaba organizado o pobo ..a aldeíña...a ambas marxes do Miño...Nunha das casa, que mais parecía un pazo, polo tamaño, hai unha inscrición.."PA.PB 1953..."
Se vai calor, despréndese un cheiro bastante intenso a ¿
cloro?; tamén se ven cabras e ovellas pacendo...
Non encontramos nada de nada...e eso que miramos...si que vimos moitas rodeiras de quads....e motos...
Saúdos....e perdón , o meu galego non é moi bon...

puri dijo...

Teño que poñer a vista previa...comín o h de hola! que fallo !
Saúdos

luis guerrero dijo...

Esperemos que no bajen más esos niveles. Fotos a las ruinas y ¡¡A LLOVEEER!!!!!!!!!
Saludos

Pequeno troiteiro dijo...

e que se baixan máis os nivéis, quedamos sen auga completamente. Agora, cas chuvias destes días, estamos a un 85% de capacidade, aínda que non foron moi abundantes...

A verdade é que teño ganas de ir por alí a velo...

Jose dijo...

Xa tes a túa entrada adicada en mosqueados. Vai preparando os bártulos que hai que quedar para ir de pesca.
Saúdos.