sábado, 9 de febrero de 2008

Noticia: Veda da pesca en Navarra

Onte avisoume o meu colega desplazado no valle do Baztán que no Diario de Navarra publicaron a noticia da veda total na zona norte e parte da central durante esta tempada 2008.

Non encontrei a noticia exacta, pero vos deixo a ligazón na que se comenta a aprobación por parte de moitas das sociedades de pesca navarras desta veda.

Lingazón á noticia

Penso que moito temos que aprender aquí en Galiza. Non me imaxino a hecatombe que se formaría se se produce a veda total nesta comunidade durante un ano para recuperar os ríos galegos.

3 comentarios:

Jose dijo...

Menudo susto que levei ó mirar a foto.
Aquí creo que iso sería inviable, pero si ir vedando ríos dous anos, para despois abrilos e vedar outros próximos.

Pequeno troiteiro dijo...

a verdade é que non che sei... se se veda un río, protestamos. Se se veda outro, protestamos. Se non hai troita, protestamos... A cousa é protestar... mentalidade galega... daránnos unha subvención e picaremos coma parvos....

Anónimo dijo...

Un aviso señores en Galiza imos polo mesmo camiño, e xa di o refrán cando vexas as barbas do veciño afeitar pon as tuas a remollar. Como sigamos neste mesma línea nun futuro pillaremos ostias.
Un saudo.

O Vello de rivela