martes, 1 de abril de 2008

Despedida

Señores... señoras.... rapaces e rapazas. Teño que darvos unha nova.

Dende hoxe 1 de Abril de 2008, marcho. Marcho do meu pobo, marcho de xunto a miña xente, marcho dos meus ríos... e qué millor terra para marchar que Irlanda.

Pois si, dende hoxe ás 6 da tarde, estaréi por terras irlandesas na procura dun traballo. Vai ser difícil e duro, pero hai que intentalo e sei que poderéi facelo sen problema. Durante este periodo de tempo non actualizaréi tan a miudo o blog (non o vou pechar), pero sí poñerei entradas varias: paisaxes e zonas de pesca de Irlanda (alá hai moita pesca de troita e salmón), viaxes, excursións, etc


Teño xa un blog das miñas aventuras por Irlanda, este é Un estradense en Dublín
Espero que vos guste a todos e que o leades tanto ou máis coma este.

Dende aquí, darvos as gracias por entrar no blog e facer que me sinta a gusto lendo os vosos comentarios. Dende aquí, A Estrada, unha aperta. Dende Irlanda, Go raibh maith agat

viernes, 21 de marzo de 2008

2008-03-20: pesca en el coto de Vea (A Estrada)

Recén saído do forno, a portada do diario Maraca no río Vea. Mal resultado debido ó clima, pero no sendeiro das victorias, 3 seguidas. Suma e segue...

Mañán, a portada do couto de Negreira. Esperemos que se dea millor ca o ano pasado.

2008-03-19: pesca en Vilagudín (Ordes)

Impresionante partido disputado no campo de Vilagudín, en Ordes. Esperamos repetilo pronto, dentro duns anos, para poder aforrar...

Agora toca o couto do Vea... preparádevos porque cheira a portada de escándalo...

2008-03-18: pesca en Santeles (A Estrada)

Victoria traballada no regato de Santeles, trala compra dunha nova caña en detrimento da anterior ó romper o punteiro e non ter moito amaño.


En breve, a portada do Maraca en Vilagudín e no couto do río Vea en Xoves Santo...

jueves, 20 de marzo de 2008

2008-03-18: pesca en Rivela (A Estrada)

E aquí a nova portada do diario Maraca cos resultados de pesca do ano 2008. Sen comentarios.


En breve, a contratación do novo mister e os seus primeiros partidos de liga...

domingo, 16 de marzo de 2008

Comezo da liga galega de pesca no Viso (A Estrada)

Horroroso comezo da tempada 2008 en Galicia... unha troita collida coa Celta verde do nº1 e unha Celta vermella do nº1 vermella perdida... o sea, un 1-1...

Adxunto a portada do diario MARACA do día de hoxe....


Espero que vos guste a todos...

martes, 11 de marzo de 2008

Inicio da liga francesa: Bastán 1 - 5 Nuñez

E aquí comeza unha nova categoría, a dos partidos con portada de diario deportivo, obra do noso troiteiro Nuñez. Aquí vos poño a portada de L'Equipe do día do seu estreno na liga francesa.


El CORREOSO BASTAN MOSTRÓ SU FALTA DE GOL ANTE UN EQUIPO SIN RODAR.

Crónica:
Hoy asistimos al típico partido de principio de temporada, pocas ocasiones y varias jugadas embarulladas de las que sacó mayor beneficio Nuñez. El terreno de juego no estaba bien, bastante crecido, cosa que perjudico sobre todo a Nuñez, así durante la primera media hora no hubo ocasiones ni para locales ni visitantes. Así antes del descanso Nuñez gozaba de su primera oportunidad, un tiro que se paseó por la linea de gol, y antes de que se cumpliera el cuarenta y cinco Nuñez se adelantaba en el marcador con un gol desde 21 metros.

Después del descando el partido siguió la misma tónica , ocasión para nuñez y el segundo, zapatazo desde 22 metros. El partido pudo dar un vuelco si el Bastan hubiera marcado en la jugada siguiente al gol visistante pero marró la ocasión que tuvo. Nuñez mientras seguía a lo suyo y tres veces que llegó más, marcó otros tres goles. Quedaba media hora de partido y el Bastan perdía 0-5, ahí Nuñez se relajó fruto de la falta de ritmo y hasta el final ya no gozó de más ocasiones. Fruto de la relajación visitante el Bastan lograba el gol del honor en el descuento.

Incidencias:
Buena entrada. Un espectador invadió el terreno de juego.

Próximamente, a portada dun diario deportivo español. Mi madriña, que filón acabamos de atopar!

viernes, 7 de marzo de 2008

Comezo da tempada en Francia

Señores.... mañán pola mañán comeza a tempada no país veciño. O meu amigo anda tolo por comezar e botar a culleriña a rodar.

De feito, temos unha sorpresa para mañán á tarde, que estou seguro que marcará un antes e un despóis neste blog....

Ata mañán! E que a sorte che acompañe, amigo meu!

miércoles, 27 de febrero de 2008

Encoro de Portomarín (Lugo)

A principios do mes de Febreiro, este mes que está a piques de abandonarnos, os meus tíos lugueses, tamén afeccionados á pesca, decidiron ir a visitar o encoro de Portomarín, a uns 26 Km da capital de provincia.

Tendo en conta que o nivel das augas en Galicia nese momento estaban mooooi baixiñas, podíase supoñer que non o ían encontrar moi cheo que digamos. E isto foi o que encontraron: fermosos restos do pobo que o encoro engullíu cando este se encheu, e que saíron a flote cas baixas precipitacións neste ano de cambios climáticos.

Nesta primeira foto, pódese ver unha construcción que me recorda ó Stonehenge británico.


Nesta outra foto, vemos restos de vivendas que normalmente non se ven cando o encoro ten auga... imaxinade qué baixo están as augas nestes momentos en Galiza!

Mais restos do pobo... parece un pobo maldito, coma nas películas...

¿Seguirá baixando máis? Esperemos que non....

Vista da ponte que cruza o regato preto da casa... unha construcción fermosa...

Comparación das pontes vella e nova... incrible!


Agradecer ós meus tíos Miguel e Puri, autores das fotografías aquí mostradas, por mandarmas e deixarme colgalas no meu blog. Unhas apertas para vos!!!

miércoles, 20 de febrero de 2008

La Nivelle francesa

Como xa vos contei noutra entrada do blog, a pesca en Navarra védase en toda a vertente norte. Como ó meu colega ten cara de susto ó non poder pescar por alí, e a Francia de Sarkozy quédalle moi pretiño, pois este ano será internacional e sacará a licencia de Francia.

Este é un fervello e ten que investigar or ríos antes de nada, así que aquí vos mostro unhas fotos do río La Nivelle, na fronteira con España.

Esta mostra un cartel de instruccións a seguir. Indica que é zona de "pesca con mosca sen morte".



Estoutra mostra o tamaño das capturas mínimos e recomendadas da Nivelle.



Por suposto, temos que mostrar o río. Toma dun tramo, moi bonito e boas táboas....



Presa da Nivelle, toma doutro tramo do río.



Como penso que se poden quitar permisos por quince días, igual me fago internacional, coma na Champions League.

jueves, 14 de febrero de 2008

"A pesca do salmón en Yemen"

Como este ano pasado porteime ben cas troitas, o rei Troita (o que ten pintas negras) deixoume un regaliño moi interesante. Este regaliño foi un libro titulado "A pesca do salmón en Yemen", escrito polo autor Paul Torday.


O libro conta a historia do doutor Alfred Jones, científico piscícola e gran pescador de salmóns, e do xeque yemení Mohamed ben Zaidi bani Tihama, historia que se basa nos desexos do xeque en introducir dita especie no seu desértico país.

Intriga, dramas conyugáis e un final inesperado, fan que un disfrute ca lectura deste libro. Recoméndovolo se queredes pasar unhas horas moi entretidas, e sobre todo, se vos gusta a pesca e algún día vades a algún wadi yemení.

domingo, 10 de febrero de 2008

Actividades Hipercor 2008

Dende a web Miguel pesca, chegoume o anuncio das actividades que o Centro Comercial Compostela Hipercor fará durante o ano 2008, en concreto, no mes de Febreiro.

O conxunto de actividades ven a ser a seguinte:

Primeiro Certame de relatos cortos: “Galicia, país do millar de ríos”. Tema: "A pesca en augas continentais de Galiza: pasado, presente e futuro."

Exposición do último en aparellos para pesca en augas continentais: do 18 ó 23 de Febreiro, no Departamento de Deportes de El Corte Inglés-Santiago.

Concurso de Montaxe de Moscas para Troita: o 22 e 23 de Febreiro, xunto cunha mesa redonda sobre: “A pesca en augas continentais de Galiza: pasado, presente e futuro” e unha exhibición de montaxe de moscas de “Fantasía”, coa participación de coñecidos montadores.

Anímovos a todos a participar neste evento. Para ver as bases dos concursos, revisar a seguinte ligazón.

sábado, 9 de febrero de 2008

Noticia: Veda da pesca en Navarra

Onte avisoume o meu colega desplazado no valle do Baztán que no Diario de Navarra publicaron a noticia da veda total na zona norte e parte da central durante esta tempada 2008.

Non encontrei a noticia exacta, pero vos deixo a ligazón na que se comenta a aprobación por parte de moitas das sociedades de pesca navarras desta veda.

Lingazón á noticia

Penso que moito temos que aprender aquí en Galiza. Non me imaxino a hecatombe que se formaría se se produce a veda total nesta comunidade durante un ano para recuperar os ríos galegos.

miércoles, 6 de febrero de 2008

Partidos da tempada 2008

Xa temos os principáis partidos e sedes da tempada de pesca de troitas en coutos 2008. Aquí están os partidos e as sedes:

- 18 Marzo: río Lor, couto de A Labrada
- 20 Marzo: río Vea, couto de Souto de Vea
- 22 Marzo: río Barcala, couto de Negreira
- 29 Marzo: río Arenteiro, couto de Carballiño sen morte
- 5 Abril: río Deza, couto de Taboada
- 12 Abril: río Anllóns, couto de Verdes
- 19 Abril: río Viñao, couto de Boborás
- 31 Maio: río Masma, couto de Mondoñedo (reo)
- 7 Xuño: río Miño, couto de Ombreiro
- 20 Setembro: río Eume, couto de Ombre (reo)

Aínda estou pendente da segunda volta dos coutos, así que é posible que teña máis partidos de coutos.

Como podedes ver, temos un inicio da tempada duro, con 4 partidos no mes de Marzo que poden facer que a tempada se incline para un ou outro lado da balanza.

Como dicía Xulio Cesar, "Alea jacta est".

martes, 29 de enero de 2008

Revolvendo no baúl dos recordos...

Facendo limpeza na casa, entre os papéis da facultade, os libros vellos, cousas que nin sequera sabía que existían e sobre todo, o pó, encontrei o resgardo da captura máis grande que logrei coller.

Esta foi no pantano de Vilagudín, en Ordes, e debeu ser máis o menos no 1998. Tratábase dunha troita arco iris de 1,9 Kg, cunha culleriña Evia vermella e prateada do número 2.



Custoume 1.423 das antigas pesetas (700 pesetas o kilo de troita arco iris).

Mágoa de non ter fotos dela...

viernes, 18 de enero de 2008

De ríos e paisaxes da zona... 3º parte

O prometido é deuda. Estas fotos pertencen á presa de Herbón, no río Ulla, preto dos coutos de Sinde e Couso.

Nestas dúas primeiras, podemos ver as famosas "pesqueiras", construccións de pedra dispostas perpendicularmente á corrente para a captura da lamprea mediante os "buitróns". Nas imaxes vemos, dende diferentes ángulos, a pesqueira chamada O Canal, unha construcción moi antiga e, a diferencia das demáis, está construida en forma de vértice, permitindo o remonte da lamprea pola corrente do medio.

Vista de O Canal dende o chan.



Vista de O Canal dende a ponte da estrada.



Nestoutra imaxe, o caseto verde ó lado doutras "pesqueiras".



Nesta zona sóese pescar, ademáis da lamprea, o reo e sobre todo, a zamborca.

martes, 15 de enero de 2008

De ríos e paisaxes da zona... 2º parte

Voltamos de novo coa mini-excursión ó concello de Vedra, no que fomos visitar a ponte de Gundián que atravesa o río Ulla dende uns 60-70 metros de altitude. Esta ponte conten á vía de ferrocarril. Descoñezo se se sigue utilizando e a ruta que esta vía leva. Aquí vos deixo as fotografías:

Nesta primeira, a vía do tren entre a néboa.



Nesta foto, vista dende a ponte do río Ulla.



A ponte de Gundián dende abaixo. Impresionante construcción humana...



Vista dos pilares da autovía-autopista sobre o Ulla dende Ponte Ulla.



En breve. a visita á presa de Herbón no río Ulla.

viernes, 4 de enero de 2008

De ríos e paisaxes da zona... 1º parte

Entrado xa este ano novo, comezamos poñendo unhas fotografías dunha tarde de Decembro de 2007 por terras galegas.

A primeira foto pertence ós muíños do río Baroxa, no concello de Barro. Ten unha zona de descanso, cunhas pontes de madeira que cruzan as variantes do río.



Esta segunda foto é da fervenza de Caldas no río Umia. Espectacular, lugar de reflexión e meditación....

domingo, 9 de diciembre de 2007

De viaxe por terras navarras

Na ponte do 1 de Novembre (xa fai un més daquelo), funme de viaxe a ver ó meu colega que reside no límite entre a comunidade foral e a rexión gala.

Entre ceas e comidas, cafés e copas, futbolines, entre Amelie's e Cecile's, e de "benta" en "benta", aínda saquei tempo para poder visitar unha das piscifactorías que están preto da súa zona, a piscifactoría de Oharriz, adicada á cría de troita Arco Iris.

Como o meu colega xa coñece ó encargado, non houbo problema por entrar e visitar as instalacións, e por suposto, tentar coller ca man algún que outro "torpedo" das canles.

Nesta imaxe podemos ver as diferentes canles onde conviven as troitas. Cada un deles está numerado e neles agrúpanse as troitas por tamaño.

Nunha das canles onde residían troitas de kilo e medio aproximadamente (uns 50-60 cm), paramos a examinalas e coñecer a súa reacción á nosa proximidade. Curiosa reacción, xa que nada máis vernos, botaron a rebulir entre elas. Iso é debido a que saben que lles van botar pienso. Chámalle burro ó cabalo...



Nesta misma canle, co permiso do encargado, tentamos de coller algunha coa man. Tarefa dificil, xa que son moi esvaradizas e algunha ata che bota o dente. O primeiro, analiza-la canle e botarlle un primeiro vistazo do que vamos tentar coller...

O primeiro intento, foi por parte del, pero sen éxito.... Seica unha lle mordeu un dedo da mán.



No meu turno, enganchei unha delas e por pouquiño na saco fora. Unha mágoa, sobre todo porque chegeui a casa empapado de tanto intento, e tanto rebulir (parecía que non, pero non vos imaxinades o que salpicaban as condenadas)



Ó final, tivémonos que conformar con tomar un café quentiño no bar do pobo.

sábado, 1 de diciembre de 2007

Meneame e Chuza

Moitas grazas a todos os usuarios de Meneame e de Chuza por facer que a noticia fora coñecida por un montón de xente.

Imaxe de meneame.net


Imaxe de chuza.org


Destacar que neste último portal, foi unha das 30 novas máis visitadas no último mes.

Grazas a todos e saúdos!