sábado, 11 de abril de 2009

Novas pescatas: Bride e Martin

Boas outra vez!

Aquí estamos de novo para contarvos as novas pescatas nesta tempada 2009. Comezamos...

River Martin 0 - 6 Alex

Partidazo pasado por auga, os tambores de guerra oíanse no campo do Martin. Destacar somentes unha boa de 19 cm. 

Por mor do meu "accidente informático" (informo deso no outro blogue que teño) non podo poñer fotos das capturas nen do río. Síntoo moito. Estas foron collidas por unha Ranger nº1 de cobre.

Alex 19 - 0 River Bride

Impresionante xornada troiteira de somentes 3 horas deste Venres 10 Abril 2009. Saín de traballar e aproveitei os poucos raios de sol que había (dos poucos durante todo o ano, que conste...). 

Os tamaños das capturas, por orden descendente, foron: 27, 25, 24.5, 24(2), 22, 21(2), 20(3) e o resto pequenas. A verdade é que para tres horiñas estivo moi moi ben. Non podo queixarme...

Aquí poño o mapa da zona exacta que pesquei. Non é máis de 1km (por ahí andará). Pesqueino moi moi despacio, porque tiña moitos sitios e moi boas táboas. E sobre todo, porque non estou para trotes (metinme un par de ostias nas rodillas que quedei quente para o resto do día)
E desta vez sí que teño fotos... esta é da primeira troita que saquei...

Esta segunda é a de 24.5 cm (24 e medio jejejeje). A verdade é que son ben bonitas e bravas... pelexan que nin o demo!

E esta outra é a de 27 cm, a máxima captura neste día. E polo que recordo agora mesmo, o meu record en tamaño en Irlanda!

Por suposto, desta tiña que ter o vídeo do xa famoso neste blogue "catch and release"


Como anécdota, esta foto que me recordou á entrada de recollida de lixo do noso blogue amigo Nosolomosca. Xa puxen un comentario nesa entrada respecto a saúde dos ríos de Irlanda. Están ben, pero a xente é ben porca... En tódolos lados cocen fabas....

E xa por último, quero poñer estas dúas panoramas do River Bride, a primeira delas xusto na ponte onde comecei a pescar.

E a segunda, dunhas corrientes ca ponte na que terminei de fondo. 

Se queredes velas millor, pinchade nas imaxes e verédelas moitísimo millor. Espero que vos gusten tanto como eu disfrutei facéndoas...

Saúdos corkianos!

sábado, 7 de marzo de 2009

River Lee, co. Cork

Boeas de novo!

Onte, venres 6 Marzo fun de troitas ó River Lee na zona campista que hai no oeste da cidade, ó lado dunha presa. O resultado final: 1 - 1, collín unha pintona de 21 cm (devolta á auga) cunha Mepps prateada con puntos azúis do número 3 (si, do 3... animal total en busca de bestas), e xusto nun lance malo, quedou enganchada nunhas raiceiras... mala sorte.

2 anécdotas:

- enganchei unha troita pero soltouse dun salto. Pero a cabrona debía estar doente porque debeu de dar uns 8 saltos máis fora da auga.... cousa máis rara...

- xa metido na orilla do río, lanzando a culleriña ó outro lado do río, saltoume diante dos fuciños un bicho duns 50cm. A só 2 metros de distancia. Estremecínme de mala maneira... e se se me bota á gorxa e me morde? 

Sigue facendo moito moito frío, as troitas non se moven nadiña. Creo que vou esperar un pouco máis porque non o vexo moi moi claro...

Saúdos corkianos!

domingo, 1 de marzo de 2009

Tempada 2009: River Martin e River Bride

Boas de novo!

E comezamos xa a tempada 2009 por terras irlandesas. Éste é o parte actual das 3 veces que fun de troitas.

20 Febreiro 2009: River Martin 0 - 0 Alex

Mal inicio nunha tarde gris e extremadamente fría. As troitas movíanse menos que os mortos. Un par de horas e tiven suficiente para marchar para casa, e o peor de todo, cos vadeadores pinchados e cheo de auga... Sen picadas. O tramo que escollín foi xusto na súa desembocadura no River Lee. 

28 Febreiro 2009: River Martin 0 - 1 Alex

Máis do mesmo, moito frío pero cos vadeadores bos, aínda que desta vez escollín o tramo que vai dar ó Blarney Castle. Tiven máis picadas, aínda que non moitas. Nunha delas escapoume unha boa. Unha pena. E xa cando estaba a piques de marchar, un xurelo deulle por entrarlle á Celta Dourada e Verde do nº1. Cando lle iba a bota-la man, xa se soltou ela soíña. A lo menos estreneime!

1 Marzo 2009: River Bride 0 - 1 Alex

Seguimos cas xornadas rácanas. Sigue facendo moito frío e a auga parece que ven da Antártida. Somentes unha picada, pero desta vez saqueina. Unha fermosa pintona de 24cm collida cunha Celta Dourada e Verde do nº1. Aquí o vídeo dela....


E por suposto, o "catch and release"...



Espero que según mellore o tempo, estas estén moito máis activas...

Saúdos dende Cork!

viernes, 6 de febrero de 2009

Comezo da tempada 2009 en Irlanda

Moi boas!

Por aquí estamos outra vez, dispostos a comezar a tempada de troita en Irlanda deste novo ano 2009. Se non me equivoco, esta comezará o día 15 de Febreiro, é dicir, o domingo da semana que ven. Ese día non poderei ir xa que estarei de viaxe, pero dende esas, penso ir a lo menos un par de veces por semana.

Ademáis, estou traballando nunha serie de mini-resumos cas zonas de pesca que existen por Cork. Pouco a pouco ireinas poñendo no blogue, non teñades prisa!

Saudos corkianos

lunes, 15 de diciembre de 2008

Moscas hollywoodianas

Boas!

Xa facia tempo que non entraba (e fagoo desta vez dende o traballo). Acabo de ler un artigo no Faro de Vigo no que comenta o encargo de Hollywood a un montador de moscas galego para unha pelicula. Incrible non?

A verdade e que montar moscas e todo un reto, e mais ainda se un se dedica a facer moscas non para pescar, se non moscas realistas. E impresionante! A ver se a partir de agora, cada vez que vexamos algun bicho na tele, podemos dicir "Mira, ese bicho e feito en Galiza!"

Saudos!

domingo, 2 de noviembre de 2008

Remate da tempada fluvial 2008

Podo dicir, aínda que con un pouco de retraso (máis de 15 días), que hoxe día 2 de Novembro, dou por rematada a tempada fluvial 2008.

Nesta tempada houbo moitos cambios importantes na miña vida e no relativo á pesca. Cambiei de traballo, cambiei de país, e encontrei unha riqueza fluvial incríble. Espero continuar durante a tempada que ven (que comeza a mediados de Febreiro) poñendo entradas sobre a pesca fluvial en Irlanda. Quén sabe se algún día comezaréi co salmón....

Pero non acaba aquí a cousa, xa que estou empezando a pescar no mar, aínda que non teña moita idea. O caso é pasalo ben!

Dende Irlanda, e máis concretamente dende Cork, un saúdo!

sábado, 13 de septiembre de 2008

River Owenboy, co. Cork

Un día de estes tiña que chegar. E chegou o xoves pola tarde..

River Owenboy 2 - 0 Alex

Río precioso, pero cheo de auga e chocolate. Imposible facer nada, máis que perder un par de culleriñas. O río, se non chega a ter tanta auga, merecería a pena. Teño unha conta pendente con él....

Saúdos!!

jueves, 28 de agosto de 2008

River Dripsey, co. Cork

Mais pescatas, desta vez no río Dripsey, co. Cork, ó oeste da cidade, preto do castelo de Blarney (e non é o River Martin). Río pequeno pero matón, gustoume moitísimo.

Fun dúas horiñas hoxe pola tarde, pero bastoume para animarme e relaxarme, coller 20 troitas e perder unha culleriña (levouna unha troitiña, rompeume a sedela), e sentirme libre outra vez, despois dunha mala semana tanto no laboral coma no persoal.

Das 20 troitas que collín, unha de 24cm (non teño foto, esvaroume das mans pero era fermosísima), e outra de 20cm, moi bonita tamén. Nesta foto, unha das primeiras da tarde. Saqueille foto polos contrastes co sol, aínda que non quedou moi ben.

Esta é unha imaxe do río. É fermosísimo, encantoume....

Esta toma dende unha pedriña. Podedes ver a miña cana á esquerda, descansando nunhas pedras....

O peor... o de sempre... a contaminación... pero este río apenas ten basura... nesta foto, un cono de tráfico... igual están as troitas en obras e teñen que usalo...

Saúdos e seguiremos informando!

miércoles, 20 de agosto de 2008

River Bandon e River Glashaboy, co. Cork

Estamos de volta cun par de xornadas máis durante o mes de agosto, desta vez nos ríos Bandon e Glashaboy.

River Bandon 0 - 6 Alex

Bo río o Bandon, salmoneiro e troiteiro. Ten moito reo, pero á zona á que fun non era gran cousa, pero sí ben bonita. Somentes collín 6 troitas, e inda por riba ben pequenas, pero disfrutei coma un anano vendo as paisaxes e aproveitando un dos poucos días de sol que soen haber por aquí.

Nesta foto, podedes ver a ponte de Innishannon, límite inferior da zona acotada (ou privada, xa non sei...). Boas correntes xusto na ponte.


Nesta outra, o cartel do río. En gaélico e en inglés, coma prácticamente tódolos cartéis de Irlanda (na parte oeste, só están en gaélico)

Aquí unha toma dende a ponte, dun troiteiro que tentaba pescar ca cola de rata. Unha maneira un pouco extraña, pero quiza fora efectiva. Non tiven a sorte de velo xa que marchaba.


River Glashaboy 0 - Alex 11

Precioso río, xusto na desembocadura ó mar. Aquí podes pillar centos de reos se tes o día. Eu fun co río lodado, pero logrei coller 5 reos e 6 troitas. Os reos eran preciosos, moi guerrilleiros e duns 28 cm. Ben bos!

Aquí, unha foto do primeiro reo irlandés que collín. Andaba sobre os 23cm aproximadamente. De volta ó río con él...

Estoutro foros uns 25cm, e ben peleón...

E este último, de 28 cm. Mira que me deu guerra!!! Ser non eran moi grandes, pero peleaban moito!!!

Destacar que todos eles foron devoltos ó río. O reo e o salmón requiren licencia, non así a troita común.

Saúdos a todos!

martes, 5 de agosto de 2008

River Martin e River Bride: dúas minas

Estamos de volta cunha mini-actualización do blog para contarvos de forma breve as últimas xornadas de pesca en Irlanda, concretamente nos arredores de Cork, nos ríos Martin e Bride.

2008-07-17: River Martin 0 - 31 Alex

Miña nai querida... moita troita pequena ten este río. O bonito que ten é que ten augas moi cristalinas, moita corrente, e o millor de todo é que, na zona no que o pesquei, apareces xusto ó ladiño do Castelo de Blarney, onde unha ponte, dentro do recinto. Bonitas troitas, unha de 24cm e outra de 21cm (non as hai moito máis grandes que digamos....) Nesta primeira foto, a troita de 24cm.

Estas dúas fotos agora son do river Martin. A verdade que son ben bonitas. Nesta primeira, o pastor do gando pasando polo medio do río. Tes que agocharte para pasar, aquí están sempre encendidos (e calambrazo que levas...)

Nestoutra, un pouco máis arriba. Unha bela corrente (se non recordo mal, creo que pillei algunha troita ahí).


2008-07-29: River Martin 1 - 7 Alex

Voltamos outra vez ó River Martin, desta vez nunha zona superior. Costou atopala pero con Google Maps e co meu GPS conseguino. Esta zona a pesquei en moi pouco tempo, a chuvia e o meu cansanzo fixeron mella, pero as 7 troitas que pillei deixáronme un bo sabor de boca. Ningunha que salientar, todas pequenas e no río.

2008-08-01: River Bride 0 - 8 Alex

De novo ó River Bride, desta vez cheo de auga ata arriba. E un pouco marronciño, tendo en conta as inundacións en Fermoy (Rathcormac, por onde pasa o R. Bride está a 5 minutos de Fermoy). Tentei estrenarme ca cola de rata, pero levei un rosco coma un donuts. Pero a miña garra persistiu e boteille a culleriña, a cal non fallou e fixome coller 8 bonitas troitas, unha delas de 22cm. Aquí, o vídeo do "catch and release" desa beleza.



E ata aquí as troitas por agora. Seguiremos informando das xornadas troiteiras que levarei a cabo neste mes de agosto (a pesca aquí remata a fináis de Setembro).

Lembrade que, os asiduos ó meu outro blog, podedes ver o mapa de visitas e pesca. O mapa é este.

Saúdos a todos!

domingo, 13 de julio de 2008

Pesca en barco en Old Head (Kinsale, Cork)

De volta estamos con xornadas piscatorias, pero desta vez no mar. Sí, no mar!!! Cousa rara en mín, porque nunca vóu ó mar, pero aquí téñoo moi preto e penso que é unha boa oportunidade para intentar coller algún que outro "mackerel" (caballa) ou "polock" (abadexo).

No noso curre, decidimos arrendar un barco e ir unhas 8-9 persoas a pescar ó mar, e así aproveitar para ver algún que outro acantilado dos que tanto abundan por aquí, pero desta vez dende o lado do mar.

Alá fomos cara o porto de Kinsale, onde o patrón do barco esperaba por nós. O material proporciónalo o patrón, así que non temos que levar nada de nada. Somentes roupa para a auga e non mollarse.

Nada máis subir o barco, descubrimos unha beleza na auga. Unha preciosa foca gris estaba a mirar para nós, a ver se lle botávamos algo para comer. Aquí unha fotiño. Non me digades que non é preciosa!

E ún video dela, que está moi graciosa cando abre os buratos do nariz para respirar!



Xa saíndo do porto, meu colega Marcin sacoume un par de fotos. Esta primeira fronte o forte de Summercove.

Nestaoutra, xusto no momento en que unha ola pilloume por sorpresa e molloume coma un pito en toda a espalda. Que frío que facía!

Para que vexades á velocidade á que ibamos no barco, e o poder das olas, esta foto representa un "quero e non podo". Tentei quitar unha foto, pero nese momento colleume unha ola e saquei "isto" que non podo describir.

Agora, un video despóis da foto anterior. Mirade como salpica a auga. Parece que non é nada, pero se estás dentro de barco é completamente diferente!



Comenzamos a xornada en Old Head. Parecía que non picaban. Un cambio de sitio e as picadas e peixes comenzaron a salir. Un tras outro, os méus compañeiros ían quitando peixes, algún de tres en tres!!! Eu, mentres, estaba a velas vir, sen pillar nada, e con principios de mareo (as ondas estabanme a matar...)

Nesto, o meu colega Marcin logrou pillar un bo abadexo, grande coma él solo. Aquí tendes a foto.

Despóis de unhas cuantas caballas, un par de abadexos e unhas agullas por parte dos meus colegas, nada pola miña parte salvo un mareo, voltamos a porto (por fin!!). No camiño, vimos unhas marsopas preto de porto.

Nesta foto, o porto de Kinsale con todos os barcos de recreo amarrados. Precioso!

E finalmente, a foto conxunta dos pescadores (e mareados) co porto ó fondo.

Espero que vos guste. Saúdos!!

lunes, 7 de julio de 2008

Lough Allua (Inchigeelagh Village, Cork)

Aqui estamos de novooooo!!! Con novas aventuras pesqueiras dende a ínsula irlandesa.

Ben, tras un par de pescatas nos ríos Blackwater (rosco) e Bride (6 e 22 troitas en dúas xornadas) dos cales xa vos falarei no futuro, vouvos falar deste fin de semana, que fun de pesca ó Lough Allua (lago Allua), a 5km. aproximadamente da vila de Inchigeelagh, Cork. E qué fun pescar alí? Troita non, fun pescar lucios (pike en inglés)!!

E diredes que estou tolo... e por qué non? Hai que probar de todo na vida!

Ala fumos meu colega Marcin, Ania (a moza) e máis eu. Arrendamos unha barca a motor e alá nos fomos ó medio do lago. Os detalles de arrendamento podedes atopalos nesta web (a que o fulano parécese a Olaf Marshall?)

Total, que tras un rato pescando, o motor escarallase. Non arrancaba. Voltamos a remo ó porto para chamar ó dono (un alemán). O problema: a billa da gasolina pechada. Somos uns desastres.

Voltamos de pesca ó medio do lago. En silencio. Lanza que te lanza. Nun descanso, comemos chourizos galegos, e salchichas, pepinillos e pan polacos. Menuda mistura!!!

Logo, continuamos a pesca. E nunha destas, conseguín atrapar o meu primeiro lucio (e o único que collemos en todo o día). Aquí están as fotos. Corenta e pico cm de lucio. Non está mal, pero hainos moito máis grandes. A verdade é que o día tampouco era o millor.

Aquí o menda posando co lucio. Ó pobre tiveno que apretar que esvaraba moitisimo. Así apareceu na foto. A verdade é que tiña uns dentes de medo.

Total, que o lucio (irlandes) collino eu (español), cun señuelo prateado (polaco) nunca barca (alemana). Menuda combinación! Continuamos pescando pero pouca cosa puidemos facer. Chovía a ratos, e facía frío. O mellor, voltar a casa tras disfrutar o primeiro lucio da miña vida. Non estivo nada mal!!!

Saúdos a todos!

domingo, 22 de junio de 2008

E estamos de voltaaaaaa... dende Irlanda!!!

E eiquí estamos de novo outra vez!!! SIIIIIIIIII!

Escribo este post para comunicarvos o cambio de título do blog, xa que como sabedes non estou en Galiza se non que estou en Irlanda, concretamente na cidade de Cork. E como este é un páis cheo de ríos, pois terei que ir de pesca aquí non? Pois sí, e ese é o propósito.

Así que de aquí en adiante, comezarei de novo a actualiza-lo blog coas miñas xornadas de pesca no país dos acantilados.

Un saúdo a todos, e espero visitas pronto!!!

martes, 1 de abril de 2008

Despedida

Señores... señoras.... rapaces e rapazas. Teño que darvos unha nova.

Dende hoxe 1 de Abril de 2008, marcho. Marcho do meu pobo, marcho de xunto a miña xente, marcho dos meus ríos... e qué millor terra para marchar que Irlanda.

Pois si, dende hoxe ás 6 da tarde, estaréi por terras irlandesas na procura dun traballo. Vai ser difícil e duro, pero hai que intentalo e sei que poderéi facelo sen problema. Durante este periodo de tempo non actualizaréi tan a miudo o blog (non o vou pechar), pero sí poñerei entradas varias: paisaxes e zonas de pesca de Irlanda (alá hai moita pesca de troita e salmón), viaxes, excursións, etc


Teño xa un blog das miñas aventuras por Irlanda, este é Un estradense en Dublín
Espero que vos guste a todos e que o leades tanto ou máis coma este.

Dende aquí, darvos as gracias por entrar no blog e facer que me sinta a gusto lendo os vosos comentarios. Dende aquí, A Estrada, unha aperta. Dende Irlanda, Go raibh maith agat

viernes, 21 de marzo de 2008

2008-03-20: pesca en el coto de Vea (A Estrada)

Recén saído do forno, a portada do diario Maraca no río Vea. Mal resultado debido ó clima, pero no sendeiro das victorias, 3 seguidas. Suma e segue...

Mañán, a portada do couto de Negreira. Esperemos que se dea millor ca o ano pasado.

2008-03-19: pesca en Vilagudín (Ordes)

Impresionante partido disputado no campo de Vilagudín, en Ordes. Esperamos repetilo pronto, dentro duns anos, para poder aforrar...

Agora toca o couto do Vea... preparádevos porque cheira a portada de escándalo...

2008-03-18: pesca en Santeles (A Estrada)

Victoria traballada no regato de Santeles, trala compra dunha nova caña en detrimento da anterior ó romper o punteiro e non ter moito amaño.


En breve, a portada do Maraca en Vilagudín e no couto do río Vea en Xoves Santo...

jueves, 20 de marzo de 2008

2008-03-18: pesca en Rivela (A Estrada)

E aquí a nova portada do diario Maraca cos resultados de pesca do ano 2008. Sen comentarios.


En breve, a contratación do novo mister e os seus primeiros partidos de liga...

domingo, 16 de marzo de 2008

Comezo da liga galega de pesca no Viso (A Estrada)

Horroroso comezo da tempada 2008 en Galicia... unha troita collida coa Celta verde do nº1 e unha Celta vermella do nº1 vermella perdida... o sea, un 1-1...

Adxunto a portada do diario MARACA do día de hoxe....


Espero que vos guste a todos...

martes, 11 de marzo de 2008

Inicio da liga francesa: Bastán 1 - 5 Nuñez

E aquí comeza unha nova categoría, a dos partidos con portada de diario deportivo, obra do noso troiteiro Nuñez. Aquí vos poño a portada de L'Equipe do día do seu estreno na liga francesa.


El CORREOSO BASTAN MOSTRÓ SU FALTA DE GOL ANTE UN EQUIPO SIN RODAR.

Crónica:
Hoy asistimos al típico partido de principio de temporada, pocas ocasiones y varias jugadas embarulladas de las que sacó mayor beneficio Nuñez. El terreno de juego no estaba bien, bastante crecido, cosa que perjudico sobre todo a Nuñez, así durante la primera media hora no hubo ocasiones ni para locales ni visitantes. Así antes del descanso Nuñez gozaba de su primera oportunidad, un tiro que se paseó por la linea de gol, y antes de que se cumpliera el cuarenta y cinco Nuñez se adelantaba en el marcador con un gol desde 21 metros.

Después del descando el partido siguió la misma tónica , ocasión para nuñez y el segundo, zapatazo desde 22 metros. El partido pudo dar un vuelco si el Bastan hubiera marcado en la jugada siguiente al gol visistante pero marró la ocasión que tuvo. Nuñez mientras seguía a lo suyo y tres veces que llegó más, marcó otros tres goles. Quedaba media hora de partido y el Bastan perdía 0-5, ahí Nuñez se relajó fruto de la falta de ritmo y hasta el final ya no gozó de más ocasiones. Fruto de la relajación visitante el Bastan lograba el gol del honor en el descuento.

Incidencias:
Buena entrada. Un espectador invadió el terreno de juego.

Próximamente, a portada dun diario deportivo español. Mi madriña, que filón acabamos de atopar!